O pasado luns 18 fixemos sesión do club de lectura do libro de Ledicia Costas O corazón de Xúpiter.
Comezamos falando da impresión xeral do libro: gustou moito, aínda que houbo quen se queixou do final...eles prefiren que as historias rematen ben.
Pasamos a reflexionar sobre os temas, porque o libro ademáis do acoso
cibernético trata da amizade, do amor, das relacións coa familia ou da dificultade para atopar un oco nun novo lugar, nun novo instituto. Compartimos experiencias e algúns contaron que sufriran un traslado, como Isla, e non é doado na adolescencia cambiar de entorno.
Despois repasamos os proagonistas, a elección do seu nome non parece gratuíta: a illada Isla, a forte Mar, a xenerosidade de Anxo ou o gaseoso Xúpiter, carente de interior definido (ese "corazón de Xúpiter" do título). Tamén pensamos na simboloxía das medusas, bágoas do mar.
Vimos o video de Amanda Todd, e comentamos que, o que nos conta, está máis presente nas súas vidas do que parece; sen chegar ao suicidio, varios sabían de casos semellantes.
Para finalizar, aínda quedou tempo para buscar a xúpiter e a estela polar no mapa do ceo.
21/05/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario