O pasado luns, 9
de maio, tivemos na biblioteca a derradeira reunión do curso co clube de
lectura de 1º de ESO.
O libro que nos
reuniu esta vez foi O pazo baleiro de Xabier P. Docampo, unha novela de
misterio apaixoante, cun vello pazo cheo de segredos agochados, propiedade
dunha familia cunha peculiar árbore xenealóxica. E tamén haberá de por medio
un diamante de incribles dimensións
que os enfrontara a todos dende hai moito tempo.
Será un grupo de
adolescentes, axudados por Delio, tío do protagonista , quen desfaga toda esta
maraña descubrindo a historia da familia e o misterio que encerra este pazo
baleiro. Unha novela chea
de intriga e temas para comentar.
Como sempre, a
reunión cos nosos “lectores” estivo acompañada con algunha que outra larpeirada.
Ata o curso que
ven!
Ningún comentario:
Publicar un comentario