Esta semana tivo lugar a derradeira sesión do club de lectura. Nesta ocasión charlamos sobre Calvin y Hobbes. Pensamos que a estas alturas de curso era mellor unha lectura "lixeiriña" e que nos levara a esquecer o costoso da recta final por iso, aconsellados por Dani, o noso profe de cabeceira, no que a cómic se refire, mergullamos nas tiras de Bill Watterson, un grande do xénero.
Foi, precisamente, Dani o encargado de abrir a charla cunha pequena semblanza do autor. Destacou como, despois de dez anos publicando as súas tiras diariamente, cando estaba na cima do éxito, decidiu deixalo para, como él mesmo indica na carta de despedida "traballar a un ritmo máis meditativo". Dani salientou a integridade deste creador que dende sempre renunciou a que os seus persoaxe saíran das tiras para seren utilizados en merchandising.
Despois de compartir impresións xerais sobre a obra, pasamos a reflexionar sobre as personalidades de Calvin, Hobbes, a nai, o pai, Susie, o matón Moe, a profe Carcoma ou mesmo o Capitán Spiff, ese alter ego aventureiro de Calvin. Falamos de intertextualidade presente na obra , dos superheroes, do cine de suspense e aventuras e mesmo da literatura que hai detrás deste cómic. Proxectamos varias tiras para analizar a imaxe, o encadre das viñetas que desaparece cando o autor precisa que todo flúa, a distibución do espazo, a cor, o texto...
E comprobamos que baixo a apariencia de lectura "lixeira", late unha profunda reflexión sobre a política, os costumes, a sociedade, a familia, a vida.
Todo, por suposto moi ben aderezado con suculentos e exquisitos doces, elaborados non só polos profes, pois temos entre o alumnado lector estupendos reposteiros.

O vindeiro curso... CONTINUARÁ
Ningún comentario:
Publicar un comentario