CLUB DE LECTURA FARENHEIT 451
O luns 22 de Febreiro de 2018 ás 14:30 horas, entre as clases da mañá e da
tarde, fixemos unha sesión do club de lectura, nos espazos da biblioteca do
noso instituto, para falar sobre o libro
proposto "Fahrenheit 451". Despois de dar conta dun merecido e saboroso
xantar, puxémonos a falar sobre o libro.
Para empezar, mais ou menos a metade do grupo
manifesta que non lles gustou o libro (parécelles raro e lento), mentres a
outra metade indica que si lles gustou.
Intentando analizar a mensaxe da obra, fálase de : oda a la cultura
, as fontes de información (as que tes,
se as tes, ou se non as tes) , o concepto da felicidade, a influenza dos
gobernos sobre a poboación e o seu uso dos medios de comunicación, os libros
como instrumentos para abrir a mente dos seres humanos... Analizamos tamén os
personaxes, a súa psicoloxía, e a súa evolución (sobre todo do personaxe
fundamental da obra Guy Montag) as súas relacións e a forma de entender o
"mundo" en que vivían ( non deixou de sorprendernos o mundo de que
fala un libro de 1953, no que aparecen propostos uns avances tecnolóxicos
impensables para aquela época, e que hoxe en día vemos moi cercanos). Loxicamente
houbo distintas opinións, que serviron para enriquecer os puntos de vista
individuais, nun ambiente relaxado e cordial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario