LA ACABADORA, Michela Murgia
O luns 26 de febreiro adicamos o xantar do clube de lectura a comentar a novela La acabadora, da escritora italiana Michela Murgia . Foi unha sesión moi interesante arredor dun libro que nos abriu as portas a debatir temas tan controvertidos como a eutanasia ou a relación dunha filla coa súas nais biolóxica e adoptiva.
La acabadora (Salamandra 2011), galardonada co prestixioso premio Campielo , retrata unha sociedade sarda que se debate entre a tradición e a modernidade e aborda o tema do desexo da morte e o descubrimento do amor. Unha novela que cautivou aos alumnos a pesares de non ser literatura xuvenil, e deu pé a unha análise a fondo da súa estructura circular, da intensidade das descripcións dos persoaxes e a creación dunha atmósfera claustrofóbica de familias con secretos por descubrir.
Este análise da novela, onde a tradición culinaria sarda está reflexada en múltiples alusións ás receitas máis ancestrais e no glosario explicativo de tantos doces descritos ao longo das páxinas, non podía rematar sen a degustación dun biscoito de pepas de chocolate que voou en cinco minutos. Logo da densidade dos temas que trata a novela e a madurez lectora que amosaron os alumnos, queda na memoria o doce sabor de boca dun libro inolvidable e un postre compartido con extraordinarios lectores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario