INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE
O luns 11 de
novembro fixemos a sesión da novela Indómita e a semente da
inmortalidade de Álex Mene. Foi una sesión muy interesante
porque a novela gustou moito ao alumnado e ademais Alex Mene , autor
e profesor do centro , participou na sesión.
As protagonistas da novela son personaxes femininos : a exploradora
Indómita e a natureza; isto dalle a volta aos roles tradicionais
dos personaxes na literatura e na ciencia e os rapaces
comprendéronno moá ben e encantoulles.
A sesión foi
conducida por Ana López, profesora de inglés e coordinadora da
biblioteca, quen ía descubrindo e relacionando os ecos de outras
obras literarias e contos tradicionais para a sorpresa dos
participantes que eran entonces quen de recoñecelos e
sorprenderse ao mesmo tempo.
O autor foi
desenmarañando a madella levándonos da maén con ese fío
conductor da tradición oral, así como facéndolles reflexionar nesa
dualidade dentro/fora,presente/pasado,xenerosidade/egoísmo e as
veces descubrindo lecturas que nin o autor imaxinara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario