En novembro 2021 tivo lugar unha nova reunión do club de lectura de 1ºESO, neste caso guíada polo profesor Sergio Piña González. Compartimos ideas e experiencias sobre o libro que os alumnos e alumnas leran de antemán.
Para comezar explicamos onde está Texas, USA. Lugar onde pasa a historia. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver cousas de Texas, coma un cinto de cowboy, unha bandeira e incluso comer noces de pecan, que é a árbore do estado de Texas.
Alumnos e alumnas falaron da novela. A maioría expresaron que se ben lles gustou a novela, atoparon partes da mesma longas e non moi interesantes.
Ao comentar os diferentes temas do libro sairon moitos dos que os máis destacados foron:
O castigo- Os alumnos e alumnas, naturalmente, non están de acordo co castigo, e comentaban que lles parecía excesivo.
A amizade- Todos e todas destacaron a amizade dos dous protagonistas da historia. Falaron de como a amizade os salva do inferno que viven no campo de traballo e na vida.
O fenimismo- Os alumnos e alumnas comentan como os personaxes máis “negativos” da novela son mulleres; tanto a malvada directora do campo de traballo, como a muller que maldice á familia de Stanley.
Historia circular- Unha das cousas que máis lles gustou foi como a historia ten unha estrutura circular onde os personaxes do pasado e os do presente resultan ser tataravós e tataranetos co cal, ao rematar a historia remata a “maldición” lanzada contra a familia de Stanley.
Saíron moitos outros temas tamén como a raza e o status social dos protagonistas como motivo determinante da situación na que se atopan. A natureza de Texas. As maldicións das familias,...
En definitiva os alumnos e alumnas desfrutaron da sesión e a hora de lectura quedouse curta para falar de todos os temas que saen na novela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario