IRIDIUM de FRANCISCO CASTRO
O luns 2 de maio puidemos reunirnos e celebrar a xuntanza do club de maiores para comentar “Iridium” novela de F. Castro, xa que por mor dos confinados por covid, tivo que adiarse e foi conducida pola profesora Ana López.
O argumento gustoulles moito porque basease nun accidente da protagonista, unha rapaza muy activa nas redes sociais e como as consecuencias do accidente a condicionan a ela e ao seu entorno familiar e social.
Falamos de como a idealización da beleza nas redes distorsiona e condiciona non só a vida dos personaxes, senon as vidas e o desenvolvemento das persoas como acontece na recuperación da protagonista. Como a historia a vamos entendendo a través dos whatsapp dos distintos personaxes , pareceulles moi innovadora pero moi familiar xa que é un recurso xa integrado na súa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario