LIBROS DE LECTURA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE
Palabras de auga, de Marcos Calveiro, será o libro de lectura para 1º ESO.
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo.
2º ESO lerá o libro O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, que trata temas coñecidos pola mocidade de hoxe en día: Internet, acoso escolar, adolescencia, amizade, amor, delincuencia…
“Coñeceu
a Xúpiter a madrugada do 23 de xuño. Ela estaba convencida de que
non existía forza no mundo capaz de impedir aquel encontro. Como
dúas estrelas que van acabar unidas porque ese é o seu fado”
(inicio da novela, páx. 9).
Para o grupo de 3º e 4º ESO escolleuse Resistencia, de Rosa Aneiros.
Resistencia percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario