28/05/23

 

Libros de lectura para o terceiro trimestre (2022-2023)

O luns, 22 de maio, 5ª hora de ler, xuntarémonos para comentarmos estes dous interesantes libros.



Matilda, escrito por Roald Dahl (1916-1990) e traducido ao galego por Xosé Miguel Barros Taboada, será o libro de lectura para 1º e 2º ESO.

Matilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Truchbull.















Para o grupo de 3º e 4º ESO e 1º BACH, atendendo a suxestión da profesora Ana Álvarez, escolleuse Carrusel (Premio García Barros 2019 e Premio da Crítica Española 2019), da narradora e poeta galega Berta Dávila (Santiago de Compostela,1987).



Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. E nfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.  



Ningún comentario: