08/05/24



 APADRIÑAMENTO e AMADRIÑAMENTO LECTOR 2024


O martes, 7 de maio, fixemos unha xuntanza o alumnado de 1º ESO A cos pequenos de Infantil do Colexio Seis do Nadal para facer un “apadriñamento e amadriñamento lector” dos maiores aos máis pequenos. 

Os meniños estiveron moi atentos todo o tempo coas historias que lles contaron os nosos alumnos e alumnas, que se amosaron como uns excelentes narradores de historias para os máis pequenos que, tras as lecturas, lles regalaron unhas flores que eles mesmos fixeran como agasallo para os contacontos. 

O día excelente e o entorno inmellorable.

Parabéns a todos e feliz maio!
























































Ningún comentario: