12/01/25

 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DOS MAIORES


CABALOS E LOBOS de FRANCISCO PEREZ LORENZO




O martes 17 de decembro tivo lugar a segunda reunión do Club de Lectura dos maiores para falar sobre a novela de Francisco Pérez Lorenzo, Cabalos e Lobos. Levou esta sesión o profesor de Música, Humberto Carballo.

A protagonista desta novela, Paula Beckman, tentará arroxar luz sobre o escuro pasado familiar como principal herdanza para o seu fillo Thomas. A nai de Paula móstrase reticente a construír un relato fidedigno e veraz sobre a realidade da familia dende a súa chegada a Vigo dende Alemaña, máis o tío Álvaro escríbelle unha longa carta a Thomas na que desenmaraña o fío familiar, mostrando unha realidade que ata aquel preciso instante estaba distorsionado no imaxinario de Paula. 

En Cabalos e Lobos trátanse, dende un prisma cambiante (partindo dende comezos do S.XIX ata a actualidade), temas tan importantes na formación do alumnado como son a violencia de xénero ou a homosexualidade, aportándonos unha visión ampla de como estes temas foron evolucionando e os avances conseguidos no transcurso dun século. Malia este avances, por desgraza, non podemos falar de que sexan temas totalmente superados pola sociedade actual, de aí a importancia de facer esta reunión con mozas e mozos para abrir un espazo de reflexión e análise.







 


SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA 

PALABRAS DE AUGA de MARCOS CALVEIRO




O martes 17  de decembro tivo lugar a segunda sesión do club de lectura dos pequenos, levada pola  a profesora de Lingua e literarura galega, Lorena Seijo.








Falouse das diferenzas entre a vida  do neno africano protagonista e a nosa vida, das dificultades coas que se atopa ao largo do seu periplo para atopar auga e comida e como vai pasando de neno a adulto.
A narración resultoulles dífícil sobre todo pola riqueza léxica. A charla resultou moi proveitosa arredor dunha pequena merenda.







Para finalizar o alumnado traballou sobre o léxico elaborando un glosario suahili-galego.