24/06/09

O achado do castro

Luns, cinco da tarde. Os rapaces e rapazas do club de lectura e máis algúns ousados de terceiro por fin representaron a obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro, con tan gran éxito de crítica e público, que decidimos seguir traballándoa para o próximo curso. A pesar do pouco tempo de ensaio, a obra saíu perfecta, dentro do marxe permitido da perfección. Esta vez representouse para o alumnado de primeiro da ESO que estivo todo o ano a traballar o tema de Roma dentro do proxecto interdisciplinar. Houbo moitas risas e merecidísimos aplausos, que nalgúns momentos interrumpiron a obra. Felicitamos dende aquí aos actores e actrices, así como a ese público tan entendido en temas clásicos. Amenazamos con mellorar para o próximo curso e facer caer de risa aos demais grupos do instituto. Grazas a Cristina, de quen partíu a idea e dirixíu todos os ensaios; a Bea, que puxo á xente a traballar nos decorados. Do productor non imos dicir nada.




6 comentarios:

Anónimo dixo...

Well done! Fantástico traballo... e que calidade de decorados e vestiario. O ano que ven hai que ampliar a experiencia.
Bicos, Luz Valencia

Anónimo dixo...

¿No hay vídeos?

Beni dixo...

Pois parece que non, Don ou Dona Anónimo. No próximo curso, cando a fagamos con menos atrancos, seremos máis previsores.

Anónimo dixo...

Esta obra tense que representar o curso que ven para todo o alumnado (aconséllo tamén ao profesorado que non se a perda). A verdade e que os rapaces o fixeron fenomenal. Felicitación e agradecementos tamén para a directora Cristina.
De Beni... xa non digo nada.

Eu o que quero é xamón! dixo...

Parabéns a todos. Ao final mereceu a pena perder unha horiña da tarde para ver aos rapazolos.. jaja. Rompeuno o señor Yago con aquilo de "Merda de arquitectos romanos.." xD. Tremenda tamén a actuación do señor Pablo, ¡vivía o que dicía!. Outros parecían pedras tendo en conta a cantidade de sentimento que manifestaban as súas verbas, pero bueno, non nos imos poñer críticos, posto que moito fixeron en preparalo todo en tan pouco tempo. O dito, noraboa a todos. A Cristina tamén, por suposto, por sacalo adiante. Un saúdo dende o meu "anonimato"

luca dixo...

Había moito tempo que se botaba en falta o teatro no insti. Espero que teña continuidade aínda que vós sodes quen sabedes o traballo que vos deu. Ánimo e avante toda!
Luz KO