Amosando publicacións coa etiqueta O achado do castro. b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O achado do castro. b>. Amosar todas as publicacións
24/06/10
O achado do castro. Novas representacións.
Deixamos aquí as fotos das representacións que fixemos os días 22 e 23 para o alumnado do instituto.
Etiquetas:
Club de lectura,
Manuel Núñez Singala,
O achado do castro.
24/06/09
O achado do castro
Luns, cinco da tarde. Os rapaces e rapazas do club de lectura e máis algúns ousados de terceiro por fin representaron a obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro, con tan gran éxito de crítica e público, que decidimos seguir traballándoa para o próximo curso. A pesar do pouco tempo de ensaio, a obra saíu perfecta, dentro do marxe permitido da perfección. Esta vez representouse para o alumnado de primeiro da ESO que estivo todo o ano a traballar o tema de Roma dentro do proxecto interdisciplinar. Houbo moitas risas e merecidísimos aplausos, que nalgúns momentos interrumpiron a obra. Felicitamos dende aquí aos actores e actrices, así como a ese público tan entendido en temas clásicos. Amenazamos con mellorar para o próximo curso e facer caer de risa aos demais grupos do instituto. Grazas a Cristina, de quen partíu a idea e dirixíu todos os ensaios; a Bea, que puxo á xente a traballar nos decorados. Do productor non imos dicir nada.
Etiquetas:
Club de lectura,
Manuel Núñez Singala,
O achado do castro.,
teatro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
