O luns 25, baixo a mediación da profesora Ana López, tivo lugar una sesión máis do club de lectura de 2º e 3º de ESO. O libro escollido foi Palabras de auga, de Marcos Calveiro, autor co que agardamos ter un encontró no próximo trimestre. Buscamos un libro que nos dese para traballar o tema dos Dereitos Humanos, e vaia se deu de si. As únicas críticas, de parte dun grupiño pequeno, que se lle fixeron son relativas a que non coincide cos parámetros narrativos aos que están acostumados, cunha maneira de narrar "non lineal". Á gran maioría gustoulle moito o libro, do que destacaron aspectos que lles chamaron a atención, alleos á nosa cotidianeidade, como o feito de ter que ir buscar auga tan lonxe, ou que as mulleres sexan as que máis traballan e as últimas en comer, se é que queda algo. Outro aspecto relevante do que se falou foi o respecto á vellez e que os anciáns sexan autoridade. Tamén houbo conversa sobre o traballo infantil, os nenos soldado, o problema da desertización e a inmigración, problemas que parecen alleos a nós pero que están aí ao lado e ás veces estoupan diante dos nosos ollos. Coa participación de 23 alumnos/as, todos con algo que opinar, fixo que as dúas horas entre a comida e os pasteis do postre pasasen voando.
Gustounos Marcos Calveiro e agardamos a súa visita.
E para xaneiro teremos una sesión especial, pois estará dirixida directamente polo autor do libro que imos ler, pero diso xa falaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario