02/12/13

Matilda, libro do trimestre.

O alumnado do club de lectura de 1º ESO levan realizadas dúas sesión ao redor de Matilda, de Roald Dahl. Na primeira, do día 22, participaron nun concurso de preguntas sobre o libro, acumulando puntos para seren declarados/as lectores do trimestre. Nesta primeira fase, resultaron gañadores ex aequo, con nove puntos, Sara, Daniel e Alba.
O día 25, baixo a dirección da profesora Françoise Oliva, celebrouse una sesión con 18 participantes que se dividiron en cinco grupos e un portavoz para cada grupo. Nun ambiente de traballo distendido, a profesora planteou cuestión que foron debatidas dentro de cada grupo e despois fíxose unha posta en común. Cada grupo que se foi anotando na pizarra as súas respostas, para poder facilitar a observación das semellanzas e diferenzas nas respostas dadas. Tratábase de desenvolver a capacidade de observación, análise e síntese trala lectura do libro, ao tempo que se fomentou o traballo en equipo e a capacidade de expresar e argumentar opinión. Buscouse sempre que desen respostas xustificadas a por que gusta ou non gusta o libro, as situación que valoran máis ou menos, etc., para chegar a ver os puntos común e os diverxentes.

Farase una nova sesión na que entrará en xogo a creatividade, con propostas sobre un título alternativo, valoración das propostas, ilustración dunha nova portada e creación, por grupos, dunha nova aventura de Matilda con travesura incluida, que Terán que representar ante os compañeiros/as.
Valoramos moi positivamente esta nova experiencia de lectura, xa que os asistentes mostráronse moi participativos e entusiasmados, e non paran de preguntar cando será a próxima xuntanza.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Bo traballo que se está a facer este ano coa colaboración de distintos profes, e a participación dun bo número de rapaces e rapazas.

Ánimo a todos e a seguir así.

Enrique dixo...

Encantoume o club de lectura. Vou seguir porque é moi divertido. O pasamos moi ben. Os libros propostos están xenial.