O luns 10 de febreiro, na hora de lectura, os alumnos/as do club de lectura de 1º de ESO baixaron á biblioteca para unha sesión de traballo e coloquio coa profesora Mercedes Pérez. O libro que leron é ¡Vaiche Boa!, de Jennings. Como se trata dun libro de oito relatos, os alumnos traballaron primeiro en pequenos grupos sobre o seu relato preferido, xustificando a súa elección e facendo un resumo breve do argumento. Puxeron logo en común as súas opinións. Rematamos cunha actividade lúdica de recoñecemento e relación: a profesora presentoulles unha serie de obxectos que tiñan que relacionar co personaxe e co relato ao que pertencían. Todo isto acompañado do noso personaxe estrela, o vello Ben Byron.
O 17 de febreiro, os rapaces e rapazas do club participaron no concurso O libro do trimestre, no que responderon a un cuestionario moi divertido de quince preguntas sobre o libro. Resultaron gañadores do trimestre Sara e Adrián, aínda que a competencia foi moi dura, pois todos os participantes estiveron nunha diferencia de punto e medio. No próximo trimestre teremos o concurso definitivo para proclamar ao vencedor ou vencedora do curso. De momento Sara vai en cabeza, pero todo pode pasar, pois entre ela e o quinto clasificado hai tan só una diferenza de cinco puntos, e poremos quince en xogo. Parabéns a todos/as polos acertos e a seguir lendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario