O luns 28 de abril tivo lugar a penúltima sesión do club de lectura . O libro escollido foi "Industrias y andanzas de Alfanhuí, de Rafael Sánches Ferlosio. A sesión estivo dirixida pola Profesora Sara González.
Compre salientar que a meirande parte do grupo non atopou doada a lectura desta novela. Todos coinciden en que o libro é diferente de todos cantos leron atá agora. Pero foron capaces de analizar as causas desa dificultade, por exemplo, os constantes cambios de escenario como factor que dificultou a comprensión. A pesar diso, tamén houbo opinións no sentido de que é un libro divertido ao tempo que un libro de vida, apreciando como o protagonista, Alfanhuí, se desenvolve como persoa aprendendo dos seus distintos maestros ao longo do libro.
Un lector máis veterano, como Pedro, manifesta que se ben é verdade que o vocabulario novo é moito, non lle supuxo unha eiva ao ser un asiduo lector e remata calificando o libro de “curioso”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario