O luns 12 de xaneiro falamos de Eidolon e Dragal.
Animais que falan, dragóns, trolls, elfos, unicornios, ninfas... son todos personaxes dun mundo fantástico onde os nosos lectores do Club de lectura de 1ºESO se desenvolven con total seguridade.
As aventuras de Ben e Hadrián gustaron moito e algúns animáronse a levar as segundas partes.
1 comentario:
Alégrame ver que a sémola lectora no instituto segue dando os seus brotes curso tras curso. Seguramente moito tivo cambiado ese pequeno-gran grupo de bibliófagos desde que moitos de nós marchamos, pero semella que non cesades nas ganas de sentarvos a compartir os xantares e as verbas (e os "míticos" biscoitos de Carmen) tra-las inabarcables estanterías que presiden un lugar se non máxico, profundo. Seguide por esa senda dos "desherdados", á que moitos lle teñen medo seguramente pola envexa de non poder desfrutar de elementos tan simples e xeniais como os que tedes nas mans. Facede momentos e desfrutádeos con quenes os compartides, que máis adiante saberedes coma eu o valiosos que foron, e serán, os valores que quedaron e os amigos que, de velos ou non, seguirán o teu lado. Que a lectura vos acompañe!
Publicar un comentario