Palabras de caramelo, de Gonzalo Moure, fala dun neno saharaui
xordomudo que, a través da conversa co seu camelo, chega a facer uns
marabillosos poemas. Pero tamén fala da amizade, da morte e, desde logo, da
situación dos refuxiados saharauis na hamada, onde se ven obrigados a vivir. De
todo iso e moito mais conversamos cos novos lectores e lectoras do club deste
ano, aos que lles encantou o libro.
Un dos episodios conta como a mestra da escola do campo de refuxiados
apréndella a ler e escribir ao protagonista, que así empeza a comunicar con
palabras todo o que sente e todo o que fala con Caramelo. Como este tema deunos
moito para reflexionar, puxemos uns fragmentos da película El milagro de Ana Sullivan, baseado nunha historia real, que
conta como no século XIX, a mestra Sulivan conseguiu aprender a falar, ler e
escribir a unha nena cega e xorda, e o
cambio que supuxo para ela o dominio da linguaxe.
Como sempre, a hora non deu de si todo o que quixéramos. Iso si: todos
demos boa conta do pastel e biscoito que trouxemos para acompañar a sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario