O alumnado do Club de Lectura tamén participou dentro de
Proxecto Interdisciplinar levado a cabo polo profesorado das distintas materias
en 3º da ESO. Un grupo deles encargouse de debuxar o mapamundi que serviría
para colocar as etiquetas da roupa segundo o lugar da súa manufactura. Asemade, os alumnos do club
encargáronse de recordar aos seus compañeiros de traer as etiquetas das súas
casas para seren colocadas no mapa.
Na sesión de lectura, repasamos os
diferentes capítulos recordando a viaxe do forro polar vermello, incidindo na
problemática económica ou social que se reflexaba en cada un deles. Para o
alumnado máis pequeño resultou unha lectura algo densa e confesaron que o leron
moi por enriba; non así os maiores, que demostraron moita madurez á hora de
falar de pros e contras do noso mundo globalizado e mostráronse especialmente sensibilizados
con problemas como a contaminación, a necesidade de enerxías alternativas ao
petróleo e a situación laboral dos que confeccionan as nosas roupas baratas (e
non tan baratas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario