O luns 29 de febreiro de
2016 ás 14:30 horas, no espazo entre as clases da mañán e da tarde, fixemos
unha sesión do club de lectura, nos espazos da biblioteca do noso instituto, para falar sobre o libro proposto La
soledad de los números primos. Despois de dar conta dun merecido e
saboroso xantar, puxémonos a falar sobre o libro. Á maioría dos asistentes
gustoulles, aínda que houbo alguén a quen lle pareceu unha historia un pouco
dura, e non foi capaz de rematalo.
Falamos sobre os protagonistas Mattia e Alice,
sobre as súas experiencias e problemas, chegando incluso a comparar a gravidade
de ambas, do posible papel que as súas nais e pais xogaron nas mesmas, analizamos o por que do titulo,
saíndo distintas opinións
sobre o sentido ou non do mesmo, e a súa relación
coas matemáticas, analizamos o papel doutros personaxes (con máis ou menos
profundidade). Demos tamén a nosa opinión sobre se nos gustou ou non o final do
libro, habendo tamén discrepancias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario