O luns 13 de febreiro tivemos unha reunión do Club de lectura dos maiores (2ºESO-BAC). Nesta
ocasión o libro escollido foi Los
infortunios de Sbovoda do escritor húngaro János Székely , unha brillante
alegoría da invasión nazi que sitúa nunha pequena vila checa. Se ben a obra foi
escrita na década de 1940, nos limos a edición da mesma publicada en 2015 por Impedimenta.
Para comezar, e para situarnos, falamos un pouco sobre
o contexto, no espazo e no tempo, da obra: xeografía e historia, imperio
austrohúngaro, guerras mundiais e cambios na Europa política.... Falamos tamén
sobre o autor, que exerceu como guionista de cine en Hollywood, chegando a
acadar un óscar. Continuamos logo coa análise da obra por parte dos membros do
club e un intercambio de opinións sobre a trama, analizamos os personaxes e os
seus comportamentos (por suposto con diferenzas de opinións en algúns casos), e
falamos sobre como se pode escribir sobre un tema tan escabroso dunha forma tan
orixinal, fácil de ler e incluso, poderiamos dicir, divertida.
A maioría coincidimos en que nos gustou, e todo isto
despois dun merecido xantar (con sobremesa incluída) logo dunha dura mañá de
clases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario