A maioría coincidimos en que nos gustou, e todo isto
despois dun merecido xantar (con sobremesa incluída) logo dunha dura mañá de
clases.
Amosando publicacións coa etiqueta club de segundo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de segundo b>. Amosar todas as publicacións
16/02/17
Los infortunios de Sbovoda
Etiquetas:
club de segundo,
Los infortunios de Sbovoda
24/04/15
Mío, mi pequeño mío.
Ao comenzo da xuntanza á maioría dos participante pareceulles un libro para nenos pequenos, pero a medida que foron aportando impresións e fomos analizando o libro empezou a cambiar a percepción da novela.
Algúns viron paralelismos con Harry Potter, pois o neno vive cunha familia de acollida e non se sinte querido, quizais J.K. Rowling se inspirou en Astrid Lindgen. Outros descubriron na novela símbolos de os contos tradicionais: a mazá, o xenio nunha botella de cervexa, a viaxe, a capa invisible, recordo da capa de Sigfrido -a autora é sueca...similitudes co frautista de Hamelin, pero en positivo, pois a frauta salvounos.
Por riba de todo gustoulles as expresións tan sinxelas e bonitas como "o pan sacia a fame, a auga que calma a sede..."
Por outra parte, este libro desprende amor pola natureza que nos coida: a árbore, case seca, que protexe aos nenos, o sacrificio dos paxaros para axudalos.
07/04/11
Con Pessoa e Malzieu
Esta semana tivemos unha sesión especial, a da unificación. Os clubs de lectura de segundo de ESO e dos maiores tiveron unha sesión conxunta, á que acudiu cada grupo co seu libro: os de segundo con La mecánica del corazón, de Mathias Malzieu, e os demais con Poemas de Alberto Caeiro, de Fernando Pessoa. Sobre La mecánica... houbo discusión un tanto acalorada, pois a maioría mostrábase partidaria do libro e gostáralle moito, pero ao profe déuselle por levar a contraria, cousa que non adoita facer, e gostosamente (ou non tanto) aceptou as razóns da maioría. A opinión xeral, polo tanto, é que se trata dunha obra cun prantexamento orixinal e incluso gustou moito o final. A minoría insistía na non orixinalidade e nunha resolución un tanto estrana, pero imos deixalo aí.
Sobre Pessoa: cada vez sorpréndennos máis os nosos lectores coas súas análises. A verdade é que os profes non estabamos moi certos de que esta poesía "filosófica" (ou non-filosófica) fose a gustar. Pois si que gustou, aínda que os comentarios insistiron na redundancia no mesmo tema. Aproveitamos para falar do creacionismo, e entón apareceu Vicente Huidobro, e tamén doutros autores que consideramos que influíron en Pessoa, sobre todo Walt Whitman, do que lemos algúns poemas que sorprenderon a todos. Pero non imos agora a afondar máis na sesión, pois Iago, o noso cronista "oficial", e Vera quedaron de facer eles a crónica, aínda que supoñemos que haberá que esperar, pois mañán ímonos a París.
Tamén decidimos que nos gusta a unificación, así que para a póxima sesión leremos todos Indignádevos! de Stèphane Hessel, un libro que todos/as teñen gañas de ler, que vai moi acorde coas súas preocupacións e que ademais van traballar moitos grupos nas clases de historia.
Au revoir.
23/12/10
O Principiño
O pasado luns tivemos a última sesión do ano 2010. Foi unha sesión conxunta dos clubs de 2º ESO e dos maiores. Aínda que as gripes e o efecto exames do último día fixeron estragos, acudimos 21 a unha sesión con comida navideña presidida por un debuxo do principiño feito pola nosa artista particular. O principiño foi unha obra que gustou a todo o mundo, pero sobre todo aos que a releron, pois descubriron novos puntos de vista. Agradou sobre todo o humanismo que se respira nesta obra chea de símbolos. Fomos revisando un a un todos os personaxes cos que se atopa o principiño e, curiosamente, todos concordaron en que o máis humano é o raposo, que é quen necesita dos demais, que pide crear vínculos e ter alguén por quen esperar. Pareceunos a nós que así é o vinculo que establecemos no noso club.
Desexámosvos a todos unhas boas festas de Nadal, e lembrade: o seguinte libro será "Afirma Pereira, de Antonio Tabucchi. Seguimos así o noso percorrido pola literatura europea, lembrando que tamén en xaneiro nos visitará Carlos Negro coa súa "Makinaria".
30/11/10
O pazo baleiro no club de 2º
Na sesión de onte tivemos unha interesante charla suscitada pola lectura de O pazo baleiro, de Xabier P. Docampo. Ademais de falar dos personaxes, trama, etc, a conversa xirou arredor dos métodos de investigación e dos actores e instrumentos que esta require. As
conclusións ás que chegaron, resumindo, son:
- Hai que ter claro o obxectivo e o punto de partida.
- Necesítase un bo guía (Celso).
- É bo traballar en equipo e dividir o traballo.
- Acudir ás fontes de información: documentos (cartas), persoas ( Celso, o historiador...)
- Facer postas en común e definir o seguinte paso (nas reunións dos catro amigos con Celso)
- Hai que tomar notas, facer esquemas cos datos (árbore xenealóxica...), realizar entrevistas, interpretar os datos...
- Necesítase un bo entorno de traballo para que a colaboración sexa eficaz.
- Todos os coñecementos previos (por exemplo, os da escola) son necesarios.
Deste xeito, o libro converteuse nun estupendo manual para a realización de traballos escolares, pero tamén nos deu tempo a falar un chisquiño dalgunhas cuestións históricas que aparecen na obra e outros temas que seguen de actualidade (por exemplo, as disputas polas herdanzas).
A próxima sesión farémola conxunta cos maiores, todos leremos O principiño, e será o día 20 de Decembro.
Etiquetas:
club de segundo,
O pazo baleiro,
Xabier P. Docampo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
