CLUB DE LECTURA BARRO DE MEDELLÍN
O PASADO 5 DE NOVEMBRO TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA DO NOSO INSTITUTO O PRIMEIRO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS. NESTA OCASIÓN OS ALUMNOS DE 1º DE ESO FALARON DE BARRO DE MEDELLÍN DE ALFREDO GÓMEZ CERDA.
Este é o resumo de Iago de 1º ESO B:
Barro de Medellín é
un libro que trata sobre dous nenos que viven no barrio de Medellín,
Colombia. A súa vida transcorre mentres dan paseos polo seu barrio, o
máis fermoso do mundo enteiro. O pai dun é delincuente e o doutro é
alcohólico. Camilo ten a permanente idea de que o seu único futuro
é ser ladróns e que de maiores formarán unha banda , eles serían
os xefes, pero el máis que o seu amigo Andrés. O que non se esperan
é que unha inesperada viaxe á biblioteca Parque España alterará a
súa forma de ver a vida.
Os aspectos que mellor resalta o libro son:
·A felicidade malia non ter nada: para eles o único necesario é a súa amizade.
·Fai que valoremos moito as cousas que temos e que no mundo hai xente que de verdade o pasa mal.
·Dá que pensar sobre que hai nenos no mundo que non teñen uns pais que os protexan de todo, senón que ata os maltratan.
·Tamén que nunca é tarde para dar marcha atrás e recapacitar sobre o que fixeches.
Recomendo de verdade este libro, faiche valorar as cousas que tes pero non te dás conta do importante que son na nosa vida cotiá, aquí, no primeiro mundo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario