CLUB DE LECTURA: CORREDORA
O pasado luns 12 de novembro, reunímonos por primeira vez neste curso un dos grupos do club de lectura de 2º de ESO para comentar o libro
Corredora da escritora viguesa María Reimóndez.
Aínda que é
unha narración curta, é unha obra moi interesante que nos amosa o
que hai detrás dalgúns dos grandes atletas que gañan nos xogos
olímpicos ou noutras competicións. Concretamente, María Reimóndez
di que se inspirou na atleta etíope Tiki Gelana, gañadora do ouro
olímpico en Londres 2012.
A novela móstranos a vida dunha nena das
montañas de North Wollo que desde pequena amosa unha certa
capacidade de soñar con algo diferente e sobre todo, de disfrutar
correndo . Tamén coñecemos algún aspectos da dureza da vida en
Etiopía, cómo os máis vellos falan da “fame negra”, da morte
por fame, que todo o mundo teme máis que á morte violenta nas
guerras; do papel da muller na sociedade etíope e do valor que
poden ter para moitas persoas unhas simples zapatillas ou,
simplemente, o feito de durmir nunha cama en vez de facelo sobre o
chan. Pero sobre todo, a novela fala dos soños e do esforzo por
conseguilos.
As lectoras e lectores comentaron todo isto do libro.
Ademáis proxectamos imaxes das montañas de North Wollo, onde
crecera a protagonista, para coñecer esta marabillosa paisaxe
etíope, así como algunha de Addis Abeba, onde transcurre gran parte
da acción . Todo isto aderezado cun biscoito que compartimos mentres
disfrutábamos da conversa. En fin, unha narración moi curta pero
intensa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario