O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE
O luns 26 de
novembro xuntámonos os membros do club de lectura de maiores para
falar da novela “O curioso incidente do can a medianoite”. A
sesión foi dirixida pola profesora de inglés Mercedes González Alegre.
O libro trata o autismo. Os participantes consideraron que era unha
boa oportunidade para coñecer este trastorno neurolóxico .
Ademais, dada a
actualidade da serie “The good doctor” o alumnado está máis
afeito ás persoas que teñen este trastorno.
Analizamos os
comportamentos dos personaxes máis importantes da novela: o
protagonista Christopher, o seu pai, a profesora, a nai e os veciños.
“Isto é unha novela policíaca” di o protagonista ao principio da historia. Así,
a investigación de Christopher sobre a morte dun can será o fío
condutor que nos permite coñecer a súa visión do mundo. Comentamos
os trazos da súa personalidade como a falta de empatía, a súa
mente analítica e como a novela mantén a atención do lector pola
súa forma de presentar os acontecementos. Foi unha tertulia moi
amena e interesante porque permite que o alumnado se decate e acepte
os comportamentos diferentes de compañeiros que padecen autismo que,
tal vez, por si sós non poderían chegar a comprender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario