CLUB DE LECTURA CONEXIONES de Elisabeth Stewart
O
luns 11 de novembro de 2019 tivemos unha reunión do Club de lectura
dos maiores. Nesta ocasión o libro escollido foi Conexiones
da
escritora canadiense Elizabeth
Stewart.
Para
comezar, á maioría gustounos o libro, que nos fala da "conexión"
entre tres adolescentes de distintas partes do mundo (América do
Norte, Asia e África) a través do teléfono móbil, non pola
comunicación directa a través del, senón polo proceso que vai
dende a súa fabricación ata o seu uso (se ben concluímos que no
libro podemos apreciar varios tipos de conexións:
adolescentes, problemas, relacións...).
Tres
adolescentes femininas nos seus mundos (tan distintos) nos permiten
reflexionar sobre os modos de vida tan diferentes que temos no mundo
actual.
Analizáronse
personaxes e circunstancias, aparecendo conceptos variados: pobreza,
guerra fame, machismo, explotación, manipulación, desinformación,
dereitos, liberdade de expresión, novas tecnoloxías, ciberacoso,
uso inadecuado das novas tecnoloxías... Todas e cada unha destas
ideas foron tema de debate e intercambio de ideas e pareceres entre
os que alí estivemos.
O
libro móstranos, de xeito claro, algo que podemos ver
todos os días nos medios de comunicación pero que moitas veces nos
pasa desapercibido, e son as diferentes posibilidades
de vivir que temos en función do lugar onde nacemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario