INVISIBLE
Este curso comenzamos as xuntanzas do Club de Lectura cun libro moi interesante e recomendable “Invisible” de Eloy Moreno.
Debido a situación de pandemia que estamos vivindo, tivemos que facer dúas sesións co alumnado de 1º ESO. As sesións tiveron lugar na biblioteca do centro, a primeira o 30 de novembro cun grupo de 7 alumnos e a segunda o 14 de decembro con 9 alumnos.
Neste libro Eloy Moreno narra, a través dun neno, unha historia de acoso escolar. É unha historia emotiva e conmovedora que nos fai reflexionar sobre este problema tan de actualidade na nosa sociedade.
Aos alumnos gustoulles moito o libro, sentíronse identificados co protagonista pensando que esa historia perfectamente podería acontecerlle a calquera deles.
“Invisible “ espertou neles sentimentos variados, rabia, pena, impotencia... Emocionáronse tanto para ben como para mal e deixounos en ocasións co corazón encollido.
Todos coincidían no importante que é non mirar para outro lado, coma se a cousa non fose con eles, cando a alguén lle está sucedendo algo así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario