16/02/21


MEMORIA DO SILENCIO    EVA MEJUTO



Os luns 30 de novembro e 4 de decembro tivemos as nosas primeiras reunións, en grupos

reducidos e na “hora de ler”, cos lectores e lectoras do noso club de lectura de maiores. A obra

que comentamos foi Memoria do silencio de Eva Mejuto.









Tanto a lectura, como a conversa despois compartindo a nosa experiencia lectora resultaron,

como sempre, moi interesantes. Un aspecto que lles gustou a todos da novela foi cómo a

narración avanza ao principio saltando dun personaxe a outro ata que ao final conflúen as tres

nunha mesma historia e desenlace. Aínda que ao principio a lectura resultoulles algo

desconcertante, enganchounos cando atoparon a relación entre as tres personaxes ao

avanzar na lectura.

Do personaxe de Günter, o nazi, comentamos como a educación que recibiu de neno influiu no

personaxe adulto, creando unha personalidade ríxida e nada empática. Da historia de Frieda, a

xudía, o personaxe favorito de moitos, falamos do seu carácter loitador e anticonvencional e

da súa paixón pola música que a axudou a sobrevivir nas situación máis adversas. De Lola, a

protagonista, falamos da súa humanidade e heroísmo ao ser capaz de arriscarse tanto por

axudar aos demáis, a xente descoñecida. Tamén saiu o tema do acoso que tivo que sufrir polo

feito de ser muller e da situación das mulleres nesa época.

Falamos tamén da historia real na que se baseou a novela. Para moitos dos lectores e lectoras

supuxo un descubrimento do que puido ser o nazismo e tamén de que realmente existiran

unhas “Shlinder” galegas, en Ribadavia. Gustoulles, ademáis, que a autora xuntara na trama

as historias de Frieda e Lola.

Outro aspecto do que se falou foi do desenlace , da forma en que todo coincidiu para que ao

final Frieda puidera salvarse e fuxir e todo acabase ben.

A conversa podería ter durado moito máis, pois saíron moitos outros temas: a Guerra Civil, o

estraperlo…pero o tempo non deu para máis. O que si quedou claro e que todos aprendemos

moitas cousas desta historia.


Ningún comentario: