26/02/23

 


Law e Adamantink, creadores de manga

O 23 de febreiro, visitaron o IES Alexandre Bóveda, unha exalumna, Laura Martínez Puga (Law), e Adán Álvarez Rivas (Adamantink), guionista e debuxante, respectivamente, da obra gañadora do concurso manga Norma Editorial 2020: Early Lights of Dawn (2022).




Ambos os dous viñeron presentar o manga ao alumnado de 1º e 2º BACH de artes escénicas e ao alumando do Club de Manga. Estruturaron a súa charla en dúas partes. Na primeira parte, centráronse no proceso creativo do manga en xeral e do seu en particular. Falaron de como se coordinaron para levar a cabo unha obra conxunta entre guionista e debuxante, que dificultades e acertos se encontraron nese longo do proceso de creación, e como conseguiron, despois dun arduo traballo de cooperación, concretar a idea conxunta e inseparable entre escrita e debuxo. Na segunda parte, abordaron cuestións máis prácticas para aquelas persoas que se queiran dedicar a unha vida profesional artística, como é o caso do estudantado de artes escénicas e musical. Desde a experiencia de seu, aconsellaron como cómpre afrontar un futuro profesional artístico en calquera disciplina.

Finalmente, os dous autores foron entrevistados para a radio escolar, O Son da Noca, por Alexia Multa e Carlos Quintás, integrantes do Club de Manga. En breve, subiremos o podcast ao Son da Noca.https://www.ivoox.com/o-son-da-noca_sw_1_1.html








Ningún comentario: