Nova xuntanza do Club de Lectura (2022-2023)
O luns 13 de febreiro, en vésperas do Entroido, realizamos outra xuntanza do Club de Lectura na Biblioteca, durante a hora de ler da ESO, acompañados duns doces que axudaron a “pensar” mellor.
Por
unha banda, o alumnado de 1º ESO e de 2º ESO, coordinado pola
profesora de francés, María González, comentaron o libro O
señor Ibrahim e as flores do Corán
,
escrito por Éric-Emmanuel Schmitt e traducido ao galego por Emma
Lázare Rodríguez.
Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º ESO puxo en común as
súas impresións sobre Os
rapaces non calcetan,
do autor británico T. S. Easton, traducido ao galego por Moisés
Barcia, guiados pola profesora de francés Mer Pérez.
Ademais, experimentaron coa calceta. A profesora decidiu que sería
moi enriquecedor para o a
lumnado
practicar por eles mesmos a calceta, e así sentir o mesmo que o
protagonista do libro. As fotos dan testemuña deste acontecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario