O pasado luns tivemos unha sesión do club de lectura prometedora. Esta vez xuntámonos cosa mozos e mozas de primeiro da ESO, que primeiro participaron no concurso "O libro do mes" (dez minutiños para contestar a un cuestionario sobre o libro) e a continuación cambiamos algunhas impresións sobre Matilda, un libro que gustou a todos/as. Esta vez xa foron emitindo opinións particulares sobre diversos temas: a familia, a educación, o afecto, o mundo do traballo... Quedamos de acordo en ler para unha próxima sesión Chamádeme Simbad, de Francisco Castro. Faremos a sesión, conxunta cos do club dos demais cursos, o día 12 de Abril (Día do libro infantil e xuvenil) e por primeira vez quedarán con nós a comer na biblioteca. Posteriormente, o día 14, teremos un encontro con Francisco castro.
Amosando publicacións coa etiqueta Roald Dahl b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roald Dahl b>. Amosar todas as publicacións
15/03/10
01/02/10
Matilda para o club de 1º ESO
O noso próximo libro é Matilda, de Roald Dahl, autor tamén de Charlie e a fábrica de chocolate. A obra foi escrita en 1988, dous anos antes da morte do autor. Xa temos na biblio os exemplares da edición galega. Picade nos enlaces para máis información. Tamén podedes visitar a páxina oficial adicada ao autor. Argumento:
Sen ter cumpridos os cinco anos, Matilda xa leu a numerosos autores e ten uns enormes coñecementos. Pero os seus non se preocupan por ela e anímana a ver a televisión, negándose a mercarlle libros. Mentras eles están fóra, ela vai á biblioteca e cando comeza a escola sabe máis cós compañeiros. Máis tarde descubrirá que ten poderes...
Estaremos con esta lectura ata despois de carnaval. Como sempre, haberá concurso sobre o libro, ademáis da sesión conxunta na que expresaredes as vosas impresións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
