Esta foi a última sesión (comida incluída) deste
curso, e tal vez a máis fructífera, aínda que xa non estaban os de segundo. Por suposto que falamos de A illa do tesouro. A pesar de que o libro non gustou moito chegouse á conclusión de que era necesario seguir lendo un clásico ao ano polo menos. Sabede que para este coordinador foi unha satisfacción escoitar de vós esa necesidade de coñecer aos clásicos, aínda que ás veces non enchan as nosas expectativas. Como pechando un ciclo, tamén relacionastes co primeiro libro do ano, Motín en la Bounty, establecendo paralelismos diversos. Pero o mellor foi o balance positivo do curso, do que non vou falar aquí á espera de que o fagades vós, e a planificación que fomos facendo para o próximo curso: posibles novas incorporacións, maior frecuencia de sesións, selección de libros por temas de interese, aporte de documentación nas sesións, elaboración de materiais e introducción dunha poesía en cada sesión. Dende logo esperanos un ano prometedor.
Os profes agradecemos a vosa sinceridade, confianza e a gratitude que mostrates en cada sesión.
Esperamos agora polas vosas valoracións.
Os profes agradecemos a vosa sinceridade, confianza e a gratitude que mostrates en cada sesión.
Esperamos agora polas vosas valoracións.

