Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Reseñas e consellos.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Reseñas e consellos.. Amosar todas as publicacións

07/04/11

Con Pessoa e Malzieu

Esta semana tivemos unha sesión especial, a da unificación. Os clubs de lectura de segundo de ESO e dos maiores tiveron unha sesión conxunta, á que acudiu cada grupo co seu libro: os de segundo con La mecánica del corazón, de Mathias Malzieu, e os demais con Poemas de Alberto Caeiro, de Fernando Pessoa. Sobre La mecánica... houbo discusión un tanto acalorada, pois a maioría mostrábase partidaria do libro e gostáralle moito, pero ao profe déuselle por levar a contraria, cousa que non adoita facer, e gostosamente (ou non tanto) aceptou as razóns da maioría. A opinión xeral, polo tanto, é que se trata dunha obra cun prantexamento orixinal e incluso gustou moito o final. A minoría insistía na non orixinalidade e nunha resolución un tanto estrana, pero imos deixalo aí.


Sobre Pessoa: cada vez sorpréndennos máis os nosos lectores coas súas análises. A verdade é que os profes non estabamos moi certos de que esta poesía "filosófica" (ou non-filosófica) fose a gustar. Pois si que gustou, aínda que os comentarios insistiron na redundancia no mesmo tema. Aproveitamos para falar do creacionismo, e entón apareceu Vicente Huidobro, e tamén doutros autores que consideramos que influíron en Pessoa, sobre todo Walt Whitman, do que lemos algúns poemas que sorprenderon a todos. Pero non imos agora a afondar máis na sesión, pois Iago, o noso cronista "oficial", e Vera quedaron de facer eles a crónica, aínda que supoñemos que haberá que esperar, pois mañán ímonos a París.

Tamén decidimos que nos gusta a unificación, así que para a póxima sesión leremos todos Indignádevos! de Stèphane Hessel, un libro que todos/as teñen gañas de ler, que vai moi acorde coas súas preocupacións e que ademais van traballar moitos grupos nas clases de historia.

Au revoir.

01/12/09

José Emilio Pacheco. Premio Cervantes 2009

O poeta, contista e ensaista mexicano ven de ser galardonado co Premio Cervantes de literatura, pouco despois de recibir tamén o premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Na súa produción poética destacamos «Los elementos de la noche» en 1963, «El reposo del fuego» en 1966, «No me preguntes cómo pasa el tiempo» en 1969, «Irás y no volverás» en 1973, «Islas a la deriva» en 1976, «Desde entonces» en 1980, «Trabajos en el mar» en 1983, e «El silencio de la luna» poemas de 1985-1996.


No club de lectura andamos este ano moi pendentes da boa poesía, así que vos deixo o máis famoso poema, del de fondo calado entre a xuventude mexicana. Engado dous da miña elección.

ALTA TRAICIÓN

No amo mi patria.

Su fulgor abstracto

es inasible.

Pero (aunque suene mal)

daría la vida

por diez lugares suyos,

cierta gente,

puertos, bosques de pinos,

fortalezas,

una ciudad deshecha,

gris, monstruosa,

varias figuras de su historia,

montañas

-y tres o cuatro ríos.

A min, particularmente, gústanme máis estes:

Caverna

Es verdad que los muertos tampoco duran

Ni siquiera la muerte permanece

Todo vuelve a ser polvo


Pero la cueva preservó su entierro


Aquí están alineados

cada uno con su ofrenda

los huesos dueños de una historia secreta


Aquí sabemos a qué sabe la muerte

Aquí sabemos lo que sabe la muerte

La piedra le dio vida a esta muerte

La piedra se hizo lava de muerte

Todo está muerto

En esta cueva ni siquiera vive la muerte


Un marine

Quiso apagar incendios con el fuego.

Murió en la selva de Vietnam

y en vano.


13/11/09

Sesión Con "A perla"

O próximo luns 16 celebraremos a primeira sesión deste curso arredor dun libro. Este curso, a petición dos compoñentes do club, leremos grandes obras do século XX, ademais de algunhas da literatura galega para ter encontros cos autores da nosa terra.
Comezamos con "A perla", de Jonh Steinbeck. Non imos dicir nada por agora, pero para ir abrindo boca déixovos o
enlace á páxina dun coñecido membro do club onde nos propón unha reflexión (propia ou allea) para empezar. Non deixedes de visitala.
Ata o luns, día no que comeremos na biblioteca, falaremos de literatura e outras cousas, pero sobre todo dárémoslles a benvida a Helena, Víctor, Ana, Andrés e Andrea.

20/05/09

A illa do tesouro



O próximo luns 25 faremos a sesión arredor de A illa do tesouro. No que se refire a lecturas remataremos o curso con este clásico de R.L.Stevenson. Xa sabedes, hai que traer a comida.



En breve faremos tamén a ruta de Rosalía e estamos esperando a ver como queda esa representación de O achado do Castro que andades a preparar.

10/02/09

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Ese é o título do próximo libro do club de lectura. Un libro de Eric-Emmanuel schmitt, publicado por Faktoría K de Libros e con tradución de Emma Lázare Rodríguez. Cóntanos a historia de Momo, un adolescente xudeu no París dos anos sesenta, que traba amizade cun tendeiro musulmán, o señor Ibrahim, unha amizade que trascende as súas propias crenzas. Unha novela que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento.

17/11/08

Motín a bordo

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión presencial do club de lectura e producíuse un motín. Xuntámonos ao redor do libro Motín en la Bounty e os amotinados do club de lectura COMEMOS NA BIBLIOTECA a mediodía, mentras falamos do libro e agardabamos polas clases da tarde. Toda unha experiencia. Démoslle unha volta ao mundo cun bocado na boca mentras atendiamos ás aclaracións xeográficas de Ricardo. Revisamos o puritanismo inglés do XVIII levantando un cacho de tortilla. Cadaquén escolleu o seu personaxe favorito da novela e, curiosamente, so un escolleu ao protagonista. Falouse de honor, de clases sociais, de lealdade, de esforzo, de historia, de sexo... E ademáis tivemos a compañía de Iris, a nosa ex alumna, que non quixo perderse esta sesión do que foi (e é) o seu club. Agora espero os vosos post ou comentarios, todo o malo era empezar.
Por certo, estrenamos a nova sala de lectura informal (poño unha foto polo medio a ver que vos parece)



02/11/08

Reseñas de Crepúsculo

Aconsello que visitedes a reseña que se fai no blog amigo biblioafonso. Alí atoparedes información sobre os catro libros desta saga de Stephanie Meyer.

31/10/08

Motín en la Bounty



Estamos de volta. O noso club incrementouse coa incorporación de Nico, Yago, Alex, alejandro, Adrián, Marta, Inés, Paloma, Lúa e Germán, que se unen aos do curso pasado. Dende mediados de outubro os compoñentes do club estamos a ler a nova obra de John Boyne, da que xa dabamos noticia nun post de fai meses. Polas primeiras noticias que nos chegan unicamente podemos dicir que está a gustar bastante. Non queremos comentar nada antes da nosa primeira sesión, pero para os que non pertencedes ao club si que podemos dicirvos que trata sobre a particular visión que o grumete Turnstile, de 14 anos, tén sobre o motín máis famoso da historia: o que tivo lugar na fragata HMS Bounty contra o seu capitán William Bligh.