O pasado luns 26de febreiro tivemos a nosa segunda reunión do Club de Lectura de 1º de ESO. A obra que comentamos foi Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Unha obra que, como sempre, encantounos a todos. Comentamos como debe de ser a vida nun campo de refuxiados saharauis, onde vive o protagonista, e vimos un pequeno vídeo sobre a situación do Sahara Occidental, para comprender mellor a historia que nos conta o autor deste precioso relato.. Aos lectores e lectoras gustáronlles moito tamén os poemas que o protagonista compón inspirado polo seu amigo, o pequeno camelo. Tamén falamos sobre como unha persoa como Kori, un neno xordomudo e sen case recursos é quen de aprender a escribir e comunicarse a través da poesía e da linguaxe, gracias á axuda da súa profesora e á súa necesidade de comunicar o que sinte.
14/06/18
CLUB DE LECTURA Palabras de Caramelo

CLUB DE LECTURA 14 MAIO 2018
O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.
Todos os alumnos consideraron que é unha lectura difícil , pola súa abstracción. Segundo eles é como ler os pensamentos de alguén que choca ca forma de ser do lector.
A experiencia foi positiva e chocante á vez Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
Os alumnos non entenderon ben o libro, estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.
O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.
A experiencia foi positiva e chocante á vez Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
Os alumnos non entenderon ben o libro, estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.
18/05/18
VISITA DE ALICIA BORRÁS SANJURJO
O xoves 3 de maio, recibimos a visita na nosa biblioteca de Alicia Borrás Sanjurjo, a autora de Nata y Chocolate, un libro que lemos os alumnos do clube de lectura.
Foi una visita incrible!!!Respondeunos a todas as nosas preguntas e adicounos os libros. Animounos a escribir relatos e botar a voar a nosa imaxinación. Falounos con moito agarimo, e dunha forma que fixo que nos sentísemos xenial con ela. Díxonos que acababa de rematar un libro pero máis para adultos :unha novela negra, e afirmou que era moi entretida. O que máis me gustou da súa visita, foi que me fixo pensar doutro xeito, fíxome ver que os escritores non son só persoas que escriben contos; senón que o seu traballo tamén consiste en facer rir, chorar, tremer....Pero sobre todo, soñar e imaxinar cousas fantásticas.
Nerea Pallarés 1ºESO C

12/04/18
CLUB DE LECTURA
LA ACABADORA, Michela Murgia
O luns 26 de febreiro adicamos o xantar do clube de lectura a comentar a novela La acabadora, da escritora italiana Michela Murgia . Foi unha sesión moi interesante arredor dun libro que nos abriu as portas a debatir temas tan controvertidos como a eutanasia ou a relación dunha filla coa súas nais biolóxica e adoptiva.
La acabadora (Salamandra 2011), galardonada co prestixioso premio Campielo , retrata unha sociedade sarda que se debate entre a tradición e a modernidade e aborda o tema do desexo da morte e o descubrimento do amor. Unha novela que cautivou aos alumnos a pesares de non ser literatura xuvenil, e deu pé a unha análise a fondo da súa estructura circular, da intensidade das descripcións dos persoaxes e a creación dunha atmósfera claustrofóbica de familias con secretos por descubrir.
Este análise da novela, onde a tradición culinaria sarda está reflexada en múltiples alusións ás receitas máis ancestrais e no glosario explicativo de tantos doces descritos ao longo das páxinas, non podía rematar sen a degustación dun biscoito de pepas de chocolate que voou en cinco minutos. Logo da densidade dos temas que trata a novela e a madurez lectora que amosaron os alumnos, queda na memoria o doce sabor de boca dun libro inolvidable e un postre compartido con extraordinarios lectores.

02/04/18
CLUB DE LECTURA 1º ESO.
O mércores 13 de marzo tivemos unha nova xuntanza do club de lectura.O libro que lemos e do que falamos é Nata e chocolate de Alicia Borrás Sanjurjo.O libro trata do acoso escolar pero non o violento ,senón ese máis sutil ,que se exerce mediante burlas, baleiros, humillacións, alcumes ferintes ,esa violencia que os nenos máis fortes,máis populares exercen sobre os máis vulnerables.
O alumnado contou cal é o seu personaxe preferido, co que máis se identifica.Gañou como non a protagonista Sonia "Nata" a nena que sofre en silencio, tamén Inés a profesora de Lengua que entende o sufrimento que está a pasar a súa alumna.
O libro deunos para falar do acoso escolar nas aulas ,a visión que teñen deste problema pero tamén de temas como a amizade ou a autoestima.Os alumnos tamén prepararon unhas cantas preguntas para facer a autora que nos visitará en breve.
E todo isto acompañado de unhas galletas como non de nata e chocolate!!!

31/01/18
CLUB DE LECTURA FARENHEIT 451
O luns 22 de Febreiro de 2018 ás 14:30 horas, entre as clases da mañá e da
tarde, fixemos unha sesión do club de lectura, nos espazos da biblioteca do
noso instituto, para falar sobre o libro
proposto "Fahrenheit 451". Despois de dar conta dun merecido e saboroso
xantar, puxémonos a falar sobre o libro.
Para empezar, mais ou menos a metade do grupo
manifesta que non lles gustou o libro (parécelles raro e lento), mentres a
outra metade indica que si lles gustou.
Intentando analizar a mensaxe da obra, fálase de : oda a la cultura
, as fontes de información (as que tes,
se as tes, ou se non as tes) , o concepto da felicidade, a influenza dos
gobernos sobre a poboación e o seu uso dos medios de comunicación, os libros
como instrumentos para abrir a mente dos seres humanos... Analizamos tamén os
personaxes, a súa psicoloxía, e a súa evolución (sobre todo do personaxe
fundamental da obra Guy Montag) as súas relacións e a forma de entender o
"mundo" en que vivían ( non deixou de sorprendernos o mundo de que
fala un libro de 1953, no que aparecen propostos uns avances tecnolóxicos
impensables para aquela época, e que hoxe en día vemos moi cercanos). Loxicamente
houbo distintas opinións, que serviron para enriquecer os puntos de vista
individuais, nun ambiente relaxado e cordial.
17/01/18
XUNTANZA CLUB DE MANGA NO NOSO INSTITUTO
O
pasado 18 de decembro xuntámonos de novo unha chea de rapazas e
rapaces dos clubs de manga de varios centros de Vigo e do Morrazo, no
noso instituto. A organización foi, coma sempre, magnífica. Os
rapaces e rapazas do noso club de Manga traballaron arreo para que
todo estivera listo e fora un éxito. Os profes non deixamos de
sorprendernos do ben que saben xestionar os nosos alumnos cando teñen
interese e ilusión por algo.
Nesta ocasión prepararon varios
concursos e, ademais, un obradoiro de Magic, que foi un exitazo.
Comezamos
a mañá cos Torneos de Pokemon e de Mobile Legends.
Ao
mesmo tempo, os participantes no concurso de debuxo puxéronse mans á
obra ata ir completando o panel no que posteriormente teriamos que
escoller o noso debuxo preferido.
Ao
longo da mañá celebrouse tamén o concurso de talentos, no que os
profes participamos como xurado imparcial dunha reñidísima
competición na que houbo bailes, cancións e, sobre todo, moito
humor.

E
mentres tanto, no espazo da biblioteca, tiña lugar o obradoiro de
Magic da man dos encargados de Mazinger en Vigo. O éxito foi total:
os que xa sabían xogar desfrutaron amosando as súas habilidades. Os
que non, aprenderon e tanto lle colleron o tranganillo que
aproveitaron os tempos mortos (escasos, todo hai que dicilo), para
botar algunha partida. Ademais, houbo premio. Todos os participantes
recibiron un mazo de cartas como agasallo. Para empezar non está
nada mal...
Comemos
bastante cedo para aproveitar o tempo do mediodía en que o instituto
queda baleiro e así dispoñer nós dos espazos para as actividades
da tarde. Foi un momento para descansar e compartir, tamén entre os
profes. Ou para seguir xogando ao Magic...
Despois
de comer houbo una competitiva xincana por equipos no patio. Sorte
que lucía o sol.
Unha
vez rematada a xincana, regresamos ao interior porque se celebraban
dúas actividades simultáneas.
Na biblioteca tiña lugar un Pictionary de anime no que os nosos mangas demostraron que non se lles escapa unha e, ademais, que saben debuxar moi ben.
E,
mentres tanto, no salón de actos avanzaba o concurso de karaoke.
Cara
ao final da tarde, houbo entrega de premios e despedidas.
En
fin, un día completo, cheo de emocións e aprendizaxes. Parabéns
para o club do noso insti que demostrou una organización e xestión
impresionante. Vémonos noutras xuntanzas!!!!!.
Primeiro
encontro do club de Manga do noso insti!!!.
O luns 9 de outubro quedamos a xantar na Biblio . Era a nosa
primeira xuntanza do curso polo que tiñamos como obxectivo principal
coñecer os novos compañeiros e compañeiras, tanto de 1º de ESO
coma doutros cursos que se animaron a participar con nós.
Cada
quen foi presentándose e comentando os seus gustos e preferencias de
animes, mangas, personaxes…, xa somos un montón de xente!.
Lembramos o horario das reunións do club, 2º recreo dos martes e
xoves na aula Hipatia; e lembramos tamén o compromiso de participar
activamente nas actividades e iniciativas do club.
Nesta
sesión Alba Naveiro e Lucía Carrera de 1ºESO contáronnos as
novidades en Animes para este curso e rematamos vendo unha reportaxe
en YOUTUBE sobre estas novidades das que sinalamos a ligazón:
ClUB DE LECTURA 1º ESO
O pasado luns, 27
de novembro, reunímonos por primeira vez neste curso as lectoras
e lectores do club de lectura de 1º de ESO.
De novo, a
primeira lectura que fixemos no curso foi de relatos de medo. Esta
vez, o libro escollido foi A neve interminable, de Agustín
Fernández Paz, autor xa coñecido por todos os membros do club, que
comentaron outras obras del, como Cartas de inverno, tamén
con algún relatos de terror. Falamos, ademáis, dos relatos que
máis lles gustaron, como o de “A casa azul” e o terror diso que
nunca vemos pero que podemos imaxinar; ou o de “A néboa da
vinganza”, “Un incidente no internado”,e “Herdanza de
sangue”, historias de vampiros e de pantasmas que nos engancharon.
Pero tamén comentamos a historia que envolve todos eses relatos: a
dos escritores e guionistas que se reúnen nun hostal aillado no
monte, na Fonsagrada, para facer o guión dun programa de televisión
“As fronteiras do medo” e, como fixeran tamén Byron, Mary
Shelley e outros escritores hai moito tempo, cada un le a súa
historia cada noite, ata que descubren que eles mesmos están dentro
dunha historia de terror: non só porque algúns dos personaxes do
hostal que crían reais levaban mortos xa anos, como se descubre por
unha nota manuscrita atopada por un dos protagonistas, senon pola
neve que os ten aillados alí e que non para de caer. Como di un dos
personaxes, esa si que era unha “historia de terror actual”.
Como sempre, a
conversa estivo acompañada dunha merenda con biscoitos.
Etiquetas:
CLUB DE LECTURA PEQUENOS a NEVE INTERMINABLE
CLUB DE LECTURA
PRIMEIRA SESION “XA NON ESTOU AQUÍ” DE IRIA MISA. 20
NOVEMBRO 2017
O pasado luns 20 de novembro fixemos a primeira sesión do
club de maiores.Estivo dirixida pola profesora responsable do club,Ana López.
Tivemos a sorte de poder contar coa presenza da autora,Iria Misa, o que foi
magnífico para os rapaces xa que poideron facer moitas observacións e comparalas co que a autora tratara de contar.
Como a novela está narrada dende moitos puntos de vista, os
alumnos fixáronse en distintos personaxes segundo as súas vivenzas,e fixeron
preguntas e reflexións que a autora
encontrou moi enriquecedores mesmo para ela. Algúns preguntábanlle porque non desenvolvera algúns personaxes secundarios máis,
xa que trataban problemáticas que algún poido ter sufrido.
Todos os alumnos interviron varias veces, o que foi moi
gratificante para a profesora que dirixía a sesión , porque tamén poido
contrastar a diferente perspectiva de adulta/profesora/nai coa da xente nova, e
para a autora o poder ver outros matices nos que ela non pensara. E por outra
banda ver como os alumnos identificaban
algunha escena do mesmo xeito ca ela.
Etiquetas:
club de lectura maiores Xa non estou aquí
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)