23/06/19
CLUB DE LECTURA MENTIRA de CARE SANTOS
O libro foi premio EDEBÉ de literatura xuvenil no ano 2015.
“Mentira” da escritora Care Santos pertence á colección Periscopio.
A reunión do club de lectura tivo lugar o luns 13 de maio ás 14:30, quince minutos
despois de finalizar as clases da mañá. A duración foi de aproximadamente dúas horas.
Os alumnos participantes cursan actualmente terceiro e cuarto da eso.
Na actividade non puideron participar todos os alumnos do club de lectura xa que coincidíu no tempo con outra actividade que se desenvolvía no centro na cal tamén participaban.
A sensación do grupo foi que o libro gustou, comentáronse aspectos do libro, como os
personaxes e o por qué das diversas situacións polas que pasaban ao longo da historia.
Tratáronse problemas reais que acontecen hoxe en día no uso das redes sociais xa que os personaxes se coñecen a través dun chat dunha biblioteca, onde un deles deixa un comentario sobre “ O gardián entre o centeo” de J.D, Salinguer.
Por mor dun dos personaxes, de clase socio-económica-cultural moi baixa, coméntase entre os participantes da reunión a gran diferenza que existe entre esa realidade e a do outro personaxe, o cal é unha moza dunha clase social media.
Unha das persoas do club indicounos que existía unha segunda parte do libro titulado
“Verdade”, o cal xerou bastante intriga.
Por último, comentar que a reunión foi moi dinámica xa que se entrelazaban opinións
entre os alumnos, o que levou ao profesor participante a ser un máis no coloquio sen ter que intervir moito na dinámica.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario