LIBROS DE LECTURA PARA O SEGUNDO TRIMESTRE
(2022/23)
O luns, 13 de febreiro, 6ª hora de ler, xuntarémonos para comentarmos estes dous interesantes libros.
O
señor Ibrahim e as flores do Corán,
escrito por Éric-Emmanuel Schmitt e traducido ao galego por Emma
Lázare Rodríguez, será o libro de lectura para 1º e 2º ESO.
Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un achega vitalidade; o outro, sabedoría.
Para o grupo de 3º e 4º ESO e 1º BACH escolleuse Os rapaces non calcetan, do autor británico T. S. Easton, traducido ao galego por Moisés Barcia.
Aos
seus 17 anos, Ben Fletcher vese obrigado a ofrecer servizos para a
comunidade logo dun desafortunado incidente que case o leva a
ingresar nun centro de menores. Deste xeito, Ben descubrirá unha
afección que o levará polo bo camiño. A profesora que lle gusta
leva un club de calceta, así que Ben, de mala gana, decide
inscribirse nesta actividade. Para a súa sorpresa, o mozo descobre
que lle gusta tecer e intenta mantelo en segredo ante os ollos dos
seus compañeiros, mentres a rapaza dos seus soños revela os seus
sentimentos cara a el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario