Despois da lectura de Resistencia, de Rosa Aneiros, retomamos a idea coa que iniciamos o curso de ler e comentar grandes autores do século XX. Este mes, no que andamos enredados co amor, tócalle o turno a Pablo Neruda e os Veinte poemas de amor y una canción desesperada. satisfacemos así tamén o vello requerimento de ler poesía no club de lectura. A finais de febreiro teremos unha xuntanza especial con música incluída. Invitamos xa dende agora aos antigos compoñentes do club: xa sabedes que estades todos/as invitados. Estade atentos ao blog para ver a data exacta da sesión. Mentras tanto, que Cupido vos sexa propicio.05/02/10
A voltas co amor. Pablo Neruda
Despois da lectura de Resistencia, de Rosa Aneiros, retomamos a idea coa que iniciamos o curso de ler e comentar grandes autores do século XX. Este mes, no que andamos enredados co amor, tócalle o turno a Pablo Neruda e os Veinte poemas de amor y una canción desesperada. satisfacemos así tamén o vello requerimento de ler poesía no club de lectura. A finais de febreiro teremos unha xuntanza especial con música incluída. Invitamos xa dende agora aos antigos compoñentes do club: xa sabedes que estades todos/as invitados. Estade atentos ao blog para ver a data exacta da sesión. Mentras tanto, que Cupido vos sexa propicio.01/02/10
Matilda para o club de 1º ESO
O noso próximo libro é Matilda, de Roald Dahl, autor tamén de Charlie e a fábrica de chocolate. A obra foi escrita en 1988, dous anos antes da morte do autor. Xa temos na biblio os exemplares da edición galega. Picade nos enlaces para máis información. Tamén podedes visitar a páxina oficial adicada ao autor. 28/01/10
Rosa Aneiros visitou a biblioteca
Na súa charla ela presentóusenos como unha muller que segue a sentirse una moza que nunca pensara que acadaría unha fama tan grande cunha idade tan temprana. Dunha maneira moi humilde explicounos a importancia que teñen pra ela os lectores e a forma que temos nós de interpretar as ideas que ela intenta plasmar nas súas novelas. Animou a todos aqueles ós que lle gusta escribir ou realizar algunha outra actividade artística e cultural, a perseguir os nosos soños e loitar polo que queremos. Que a dedicación e o esforzo é o que fixo que ela poidese acadar tanto éxito, que non foi cousa de sorte, que ela non é un xenio senón unha persoa moi traballadora que pasou horas e horas sobre o papel tentando redactar as idea que afloraban na súa imaxinación.
Tras falarnos de algúns dos encontros que tivo con outros lectores e das perspectivas que eles tiñan sobre o seu traballo chegou a hora das preguntas. Foi formidable a forma en que respondía ás preguntas dunha maneira sinceira que me pareceu, persoalmente, admirable. Confiounos que o seguinte libro que está a escribir pretende facelo en 1º persoa tras redactar xa en 3ª e 2ª persoa. Confesounos que para ela a 1ª persoa presentábaselle coma un reto que pretende acadar.
As preguntas remataron e a autora e xornalista pasou a firma de volumes.
Cando acabou esta tarefa amablemente aceptou que algúns dos alumnos de 4ºA lle fixesen unha curta entrevista sobre ó seu traballo.
Marta Gómez.
24/01/10
Rosa Aneiros
23/01/10
Novas resesas
Na sesión Metamorfose - O estranxeiro pasamos un dos mellores momentos dende o comezo do club, pois xa todos/as vos lanzades a opinar, e ademáis con opinións enfrontadas: dende o afecto por Gregor Samsa, pasando pola análise da vida de Kafka, ata a rabexa que produce a inacción de Mersault. Tivemos tamén participando aos exalumnos/as Pablo, Alba e Iris, aos que lles agradecemos a súa participación e quedan oinvitados para a próxima.
Como vedes, tivemos o blog un puoca parado, á espera de saber se iamos poder continuar. Agora sabemos que temos subvención para seguir e ademáis contaremos con novas redactoras que irán actualizando e vos poderán contar máis cousas das nosas sesións. Tamén andamos de cámara caída, por iso as poucas fotos que hai son feitas co móbil.
De Eidolon fixemos dúas sesións, moi concurridas pero con pouca participación no que a opinións se refire: temos en conta que sodes de primeiro e supoño que para a próxima xa vos atreveredes máis. Entre os membros do club fíxose tamén o concurso "o libro do mes", do que axiña daremos os resultados.
18/12/09
Aviso sobre as sesións do luns 21
11/12/09
Próximas sesións dos clubs de lectura

01/12/09
José Emilio Pacheco. Premio Cervantes 2009
iteratura, pouco despois de recibir tamén o premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Na súa produción poética destacamos «Los elementos de la noche» en 1963, «El reposo del fuego» en 1966, «No me preguntes cómo pasa el tiempo» en 1969, «Irás y no volverás» en 1973, «Islas a la deriva» en 1976, «Desde entonces» en 1980, «Trabajos en el mar» en 1983, e «El silencio de la luna» poemas de 1985-1996.29/11/09
O Club na prensa
Hora de ler no Pardo Bazán
As mochilas viaxeiras


