18/12/09
Aviso sobre as sesións do luns 21
O próximo luns 21 teremos as dúas sesións cos clubs de lectura. Ás 9,35 será con 1º ESO para comentar a primeira parte de Eidolon. Ás 10, 40 cos demais para falar de A metamorfose e O estranxeiro. Invitamos aos profes que poidan asistir nesas horas así como aos ex membros do club.
Etiquetas:
A metamorfose,
camus,
Club de lectura,
Eidolon,
Kafka,
O estranxeiro
11/12/09
Próximas sesións dos clubs de lectura

O Luns 21 teremos a última sesión do 2009 cos clubs de lectura. Para os de 1º ESO será a primeira arredor dun libro, Eidolon, de Jane Johnson. Despois das vacacións participaran todos no concurso "O libro do mes", no que contestarán a unhas preguntas sobre o libro e poderán obter premios.
O Club veterano reunirase o mesmo día, coma sempre na hora da comida, que esperamos sexa boa e navideña para afrontar o reto de falar de O estranxeiro e A metamorfose .
Etiquetas:
A metamorfose,
camus,
Club de lectura,
Eidolon,
Johnson,
Kafka,
Libro do mes,
O estranxeiro
01/12/09
José Emilio Pacheco. Premio Cervantes 2009
O poeta, contista e ensaista mexicano ven de ser galardonado co Premio Cervantes de l
iteratura, pouco despois de recibir tamén o premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Na súa produción poética destacamos «Los elementos de la noche» en 1963, «El reposo del fuego» en 1966, «No me preguntes cómo pasa el tiempo» en 1969, «Irás y no volverás» en 1973, «Islas a la deriva» en 1976, «Desde entonces» en 1980, «Trabajos en el mar» en 1983, e «El silencio de la luna» poemas de 1985-1996.
iteratura, pouco despois de recibir tamén o premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Na súa produción poética destacamos «Los elementos de la noche» en 1963, «El reposo del fuego» en 1966, «No me preguntes cómo pasa el tiempo» en 1969, «Irás y no volverás» en 1973, «Islas a la deriva» en 1976, «Desde entonces» en 1980, «Trabajos en el mar» en 1983, e «El silencio de la luna» poemas de 1985-1996.ALTA TRAICIÓN
No amo mi patria.
Su fulgor abstracto
es inasible.
Pero (aunque suene mal)
daría la vida
por diez lugares suyos,
cierta gente,
puertos, bosques de pinos,
fortalezas,
una ciudad deshecha,
gris, monstruosa,
varias figuras de su historia,
montañas
-y tres o cuatro ríos.
A min, particularmente, gústanme máis estes:
Caverna
Es verdad que los muertos tampoco duran
Ni siquiera la muerte permanece
Todo vuelve a ser polvo
Pero la cueva preservó su entierro
Aquí están alineados
cada uno con su ofrenda
los huesos dueños de una historia secreta
Aquí sabemos a qué sabe la muerte
Aquí sabemos lo que sabe la muerte
La piedra le dio vida a esta muerte
La piedra se hizo lava de muerte
Todo está muerto
En esta cueva ni siquiera vive la muerte
Un marine
Quiso apagar incendios con el fuego.
Murió en la selva de Vietnam
y en vano.
29/11/09
O Club na prensa
Hoxe a Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre o impulso que as bibliotecas escolares galegas lle estan dando ao desenvolvemento das capacidades lectoras. Para a reportaxe contaron coas experiencias de varios centros da Comunidade, e o noso foi o elixido para contar a experiencia do club de lectura. Na entrevista contamos como escollemos os libros e organizamos as sesións, pero tamén as outras actividades que realiza o club (teatro, lectura de poesía, rutas literarias, encontros con escritores na nosa lingua, colaboración con outras actividades do centro...) que non aparecen recollidas na reportaxe, supoñemos que por falta de espazo. Deixamos aquí os enlaces da reportaxe.
O noso clubHora de ler no Pardo Bazán
As mochilas viaxeiras
24/11/09
Sesión "A perla"
Moi mermada polas gripes, a semana pasada tivo lugar a nosa primeira sesión do curso. Démoslle a benvida ás novas mozas e mozos, xantamos na biblioteca e dúas horas de conversas amigables ao redor de John Steinbeck. "A perla" foi un libro que gustou, inclusp para que ao principio dixo que non, pero gustou, e proba delo son a cantidade de temas para conversar que nos proporcionou un argumento tan esquemático: a pobreza no mundo, o control impiedoso dos poderosos, o pesimismo, os interese creados, a rabexa, a impotencia, o maltrato ás mulleres, os mercados negros, o tráfico e a explotación da riqueza natural dos paises pobres, a soberbia... e de aí ao periodismo, os conflitos mundiais e outra vez o tema palestino e o comportamento de Israel, algo sempre presente desde que lemos "O señor Ibrahim e as flores do Corán". Os/as novos, de momento, atenderon, pero tomaron boa nota do fructífero destas xuntanzas e para a próxima seguro que participarán nos debates. Por decisión vosa acordouse seguir con estes grandes ( e pesimistas) autores neste trimestre, así que imos ler "A metamorfose" de Kafka, e "El extranjero" de Camus. Para o seguinte tocará ler obras dos autores galegos que nos van visitar.
Lembramos que para a próxima seremos dous máis (novos apuntados) e volvemos a invitar aos ex alumnos/as que queiran acudir, tal e como fixo Pablo nesta sesión, cousa que lle agradecemos.
13/11/09
Sesión Con "A perla"
O próximo luns 16 celebraremos a primeira sesión deste curso arredor dun libro. Este curso, a petición dos compoñentes do club, leremos grandes obras do século XX, ademais de algunhas da literatura galega para ter encontros cos autores da nosa terra.
Comezamos con "A perla", de Jonh Steinbeck. Non imos dicir nada por agora, pero para ir abrindo boca déixovos o enlace á páxina dun coñecido membro do club onde nos propón unha reflexión (propia ou allea) para empezar. Non deixedes de visitala.
Comezamos con "A perla", de Jonh Steinbeck. Non imos dicir nada por agora, pero para ir abrindo boca déixovos o enlace á páxina dun coñecido membro do club onde nos propón unha reflexión (propia ou allea) para empezar. Non deixedes de visitala.
Ata o luns, día no que comeremos na biblioteca, falaremos de literatura e outras cousas, pero sobre todo dárémoslles a benvida a Helena, Víctor, Ana, Andrés e Andrea.
Etiquetas:
A perla,
Club de lectura. Reseñas e consellos.,
La perla,
Steinbeck
24/06/09
O achado do castro
Luns, cinco da tarde. Os rapaces e rapazas do club de lectura e máis algúns ousados de terceiro por fin representaron a obra de Manuel Núñez Singala O achado do castro, con tan gran éxito de crítica e público, que decidimos seguir traballándoa para o próximo curso. A pesar do pouco tempo de ensaio, a obra saíu perfecta, dentro do marxe permitido da perfección. Esta vez representouse para o alumnado de primeiro da ESO que estivo todo o ano a traballar o tema de Roma dentro do proxecto interdisciplinar. Houbo moitas risas e merecidísimos aplausos, que nalgúns momentos interrumpiron a obra. Felicitamos dende aquí aos actores e actrices, así como a ese público tan entendido en temas clásicos. Amenazamos con mellorar para o próximo curso e facer caer de risa aos demais grupos do instituto. Grazas a Cristina, de quen partíu a idea e dirixíu todos os ensaios; a Bea, que puxo á xente a traballar nos decorados. Do productor non imos dicir nada.
Etiquetas:
Club de lectura,
Manuel Núñez Singala,
O achado do castro.,
teatro
04/06/09
Ruta literaria de Rosalía 2009
Onte realizamos, por segundo ano consecutivo, dado que a maioría dos membros son novos este curso, a ruta de Rosalía. Visitamos a casa en Padrón, o cemiterio de Adina en Iria, Bastavales e as súas campás, Ortoño e a tumba de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago. En cada un dos lugares fixemos a lectura de varios poemas.
Sesión do luns
Esta foi a última sesión (comida incluída) deste
curso, e tal vez a máis fructífera, aínda que xa non estaban os de segundo. Por suposto que falamos de A illa do tesouro. A pesar de que o libro non gustou moito chegouse á conclusión de que era necesario seguir lendo un clásico ao ano polo menos. Sabede que para este coordinador foi unha satisfacción escoitar de vós esa necesidade de coñecer aos clásicos, aínda que ás veces non enchan as nosas expectativas. Como pechando un ciclo, tamén relacionastes co primeiro libro do ano, Motín en la Bounty, establecendo paralelismos diversos. Pero o mellor foi o balance positivo do curso, do que non vou falar aquí á espera de que o fagades vós, e a planificación que fomos facendo para o próximo curso: posibles novas incorporacións, maior frecuencia de sesións, selección de libros por temas de interese, aporte de documentación nas sesións, elaboración de materiais e introducción dunha poesía en cada sesión. Dende logo esperanos un ano prometedor.
Os profes agradecemos a vosa sinceridade, confianza e a gratitude que mostrates en cada sesión.
Esperamos agora polas vosas valoracións.
Os profes agradecemos a vosa sinceridade, confianza e a gratitude que mostrates en cada sesión.
Esperamos agora polas vosas valoracións.
20/05/09
A illa do tesouro

O próximo luns 25 faremos a sesión arredor de A illa do tesouro. No que se refire a lecturas remataremos o curso con este clásico de R.L.Stevenson. Xa sabedes, hai que traer a comida.
En breve faremos tamén a ruta de Rosalía e estamos esperando a ver como queda esa representación de O achado do Castro que andades a preparar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
