23/12/10
O Principiño
30/11/10
O pazo baleiro no club de 2º
- Hai que ter claro o obxectivo e o punto de partida.
- Necesítase un bo guía (Celso).
- É bo traballar en equipo e dividir o traballo.
- Acudir ás fontes de información: documentos (cartas), persoas ( Celso, o historiador...)
- Facer postas en común e definir o seguinte paso (nas reunións dos catro amigos con Celso)
- Hai que tomar notas, facer esquemas cos datos (árbore xenealóxica...), realizar entrevistas, interpretar os datos...
- Necesítase un bo entorno de traballo para que a colaboración sexa eficaz.
- Todos os coñecementos previos (por exemplo, os da escola) son necesarios.
Deste xeito, o libro converteuse nun estupendo manual para a realización de traballos escolares, pero tamén nos deu tempo a falar un chisquiño dalgunhas cuestións históricas que aparecen na obra e outros temas que seguen de actualidade (por exemplo, as disputas polas herdanzas).
A próxima sesión farémola conxunta cos maiores, todos leremos O principiño, e será o día 20 de Decembro.
26/11/10
Club de 1º. Cando petan na porta...
08/11/10
Makinaria
24/10/10
Nova etapa
09/10/10
Antígona. Estamos de volta.
25/06/10
Sesións fin de curso
A sesión do día 23 cos de 1º de ESO foi un pouco máis longa do normal (durou case dúas horas), para poder darlle un repaso a todo o ciclo troiano. Tamén asistiron algunhas compoñentes do club de maiores. Falamos dos antecedentes do conflito ( a mazá da discordia, o xuizo de Paris) ata a fundación de Roma polos “descendentes”de Eneas. Descubrimos algo sobre a orixe dos mitos, a tradición oral, os inicios da literatura escrita.
Pola nosa banda, estamos moi contentos de como se desenvolveu o club ao longo do curso, polo compromiso de seguir para o próximo, por descubrir persoas interesadas na lectura e nos temas que se derivan dela, por saber escoitar, por saber propoñer, por participar no teatro e por moitas outras cousas... Pasade un moi bo verán.
24/06/10
O achado do castro. Novas representacións.
08/06/10
Rosa Aneiros, gañadora do premio Xerais, visitou o Bóveda
P-Cal é a traba máis importante que te atopaches para chegar ata aquí?
R-Eu penso que as principais trabas son realmente as que nos poñemos nós mesmos, sobre todo por inseguridade. Moitas das cousas que nós pensamos que son trabas non están máis que na nosa cabeza. É certo, non é un camiño doado, pero é posible. É necesario relativizar todo, para supera-la inseguridade e ser capaz de continuar traballando.
P-Cando sentiches que era posible adicarte a escribir?
R-Me resulta moi dificil verme como escritora. Este é un mundo incerto porque non sei se mañá vou escribir outra obra. Primeiro hai que ter unha idea e ser capaz de tirar por ela e pasas meses con ela na cabeza e entón, xorden as inseguridades, pensas que non a vas a acabar, que non resulta interesante ... Pero estas son cousas suxeitas á dificultade para a elaboración dun texto.
Viaxar axuda a coñecer novas realidades que poden influír directamente na elaboración da na túa obra. Non é necesario viaxar para escribir unha novela, pero si creo que axuda a enriquecer a túa obra, Hay grandísimos escritores que sen saír da súa casa, ou da súa cidade, escriben magníficas novelas, porque a fin de contas do que falamos é do ser humano, e o ser humano é exactamente igual aqui, que na china, que en NY, porque as cousas que nos preocupan, o amor o odio son universais.
P-En Resistencia é moi importante a Historia, que valor lle das na realización dunha obra?
R-Eu discrepo do concepto de novela histórica, porque creo que tódas as novelas o son, no sentido de que están ancoradas nun momento, nunha xeografía determinada, que acaban marcando a traxectoria dos personaxes. A historia é fundamental para entender a vida dos personaxes, a historia de hai máis de cincuenta anos, ou a historia de hai máis de vinte. Tamén onte, onte é historia tamén.
P-Tes algunha idea que nos poidas adiantar sobre futuras obras?
R-Ultimamente estou cun personaxe que se chama Ernesto, que soña cun unicornio e o teño ahí coma espreitanto na orella. Non sei se chegarei a escribi-la súa historia e se realmente se dará algo de si, porque por agora só teño iso.
P-Cando rematas unha obra, permites que a túa familia e amigos a lean ou non te deixas influir pola súa opinión?
R-Aprendín que é mellor deixala ler, porque hai moitas cousas que escapan ós teus ollos e que non están como ti pensabas. Ás persoas máis próximas do meu entorno unha vez terminada a lectura, pregúntolles sobre ela e conta moito o que me din, pero sobre todo o que non me din, e así doume conta de que había cousas que eu quería ou pensaba que estaban e non están. O que é importante non é que te digan, iso de gústame ou non me gusta se non os porqués.
P-E cal é o mellor consello para unha persoa que empeza a escribir e soña con converterse nun escritor recoñecido?
R-O primeiro que lles diría é que non pensen en escribir como un traballo, como unha obligación, senon que disfruten do placer de escribir, da literatura.
P-Pois moitas gracias pola entrevista.
R-Gracias a vós.
30/05/10
Visita ao Courel do clube de lectura do I.E.S. Alexandre Bóveda
Alí, limos poemas coma Letanía de Galicia entre outros, no que se plasmaban o que tiñamos diante dos nosos ollos, un Courel cheo de vida e cor, por onde parece que non pasan os anos, como se todo seguese igual que cando Novoneyra escribiu tan fermosas e coidadas descricións daquela maravillosa paraxe.
Co ambiente e a natureza pegados as nosas solas dos zapatos deixamos o que fora lugar de residencia do autor, Parada de Moreda, vila de Uxío, e pasamos por lugares como o val das Mouras, a vila de Mercurín e chegamos ata o pico Formigueiros . No autobús, o guía íanos indicando cada un dos lugares polos que estábamos a pasar; a fonte do cervo, na Devesa da Rogueira, un lugar considerado como “o paraíso botánico de Galicia”, xa que nela podes atoparte co 80% de toda a variedade de vexetais da autonomía.
Sobre as 13:00 hrs da mañán chegamos á ferrería Locay, actualmente en reconstrucción, e evidentemente pechada ao público, polo que dela só puidemos observar o gran muíño de auga sobresaíndo da fábrica, que consistía nunha gran roda duns dous metros de diámetro, atravesada por un tronco, o cal transmitía o movemento ao colosal martelo que se situaba dentro da nave, co que se maleaban os futuros utensilios de ferro.
Sobre as dúas e media xa estabamos a rillar na comida; un saboroso churrasco acompañado dunha saudábel ensalada, da que non quedou nin a cebola tan sequera.
Cos estómagos máis que satisfeitos, sobre as catro da tarde subimos ao bus para proseguir a nosa marcha.
Xusto á entrada atópase unha fonte da que brotaba unha auga límpida e cristalina, que por certo ben boa estaba, non tiña comparación posíbel coa embotellada.
Espero que vos teña gustado a crónica que acabades de ler sobre este día tan especial e agardo por vós a que vos animedes a entrar no clube, se polo contrario xa estades nel, espero que vos gustara a excursión tanto coma min.
Saúdos cordiais:
