23/06/19
CLUB DE LECTURA MENTIRA de CARE SANTOS
O libro foi premio EDEBÉ de literatura xuvenil no ano 2015.
“Mentira” da escritora Care Santos pertence á colección Periscopio.
A reunión do club de lectura tivo lugar o luns 13 de maio ás 14:30, quince minutos
despois de finalizar as clases da mañá. A duración foi de aproximadamente dúas horas.
Os alumnos participantes cursan actualmente terceiro e cuarto da eso.
Na actividade non puideron participar todos os alumnos do club de lectura xa que coincidíu no tempo con outra actividade que se desenvolvía no centro na cal tamén participaban.
A sensación do grupo foi que o libro gustou, comentáronse aspectos do libro, como os
personaxes e o por qué das diversas situacións polas que pasaban ao longo da historia.
Tratáronse problemas reais que acontecen hoxe en día no uso das redes sociais xa que os personaxes se coñecen a través dun chat dunha biblioteca, onde un deles deixa un comentario sobre “ O gardián entre o centeo” de J.D, Salinguer.
Por mor dun dos personaxes, de clase socio-económica-cultural moi baixa, coméntase entre os participantes da reunión a gran diferenza que existe entre esa realidade e a do outro personaxe, o cal é unha moza dunha clase social media.
Unha das persoas do club indicounos que existía unha segunda parte do libro titulado
“Verdade”, o cal xerou bastante intriga.
Por último, comentar que a reunión foi moi dinámica xa que se entrelazaban opinións
entre os alumnos, o que levou ao profesor participante a ser un máis no coloquio sen ter que intervir moito na dinámica.
09/06/19
22
segundos de
Eva Mejuto
foi
o libro escollido para pechar o club de lectura deste curso
académico. O alumnado de 2º ESO reuniuse o pasado luns 3 de xuño
para compartir sensacións e opinións sobre a lectura.
En
primeiro lugar decidimos entre todos e todas percorrer os momentos
máis salientables desta obra que conta a historia de Álex, un rapaz
que ao longo dos 22 capítulos (22 segundos) trata de describir os
momentos da súa vida que o fixeron decatarse de que o nome de Ánxela
e o xénero que lle fora asignado ao nacer, nada tiñan que ver con
el. Algúns destes símbolos son o vestido da comuñón que non quixo
levar, cando cortou o pelo, o feito de querer xogar ao fútbol cos
rapaces no recreo etc.
Ademais,
contamos coa presenza de Alexandre, alumno trans
do
noso centro, que quixo partillar con nós a súa experiencia e
comparala coa do libro de lectura. Esta segunda parte foi moito máis
enriquecedora e saíron ideas ben interesantes como os estereotipos
de xénero, ou que entendemos por ser trans.
O alumnado animouse a formular preguntas, rachar cos estereotipos e,
mesmo manifestarse sorprendido ante algúns destes conceptos novos.
Aínda
que o tempo foi escaso, pois a conversa estaba moi animada, podemos
concluír que foi unha xornada interesante na que esta pequena obra
de Eva Mejuto nos axudou a reflexionar sobre unha realidade complexa,
que implica dificultades para moitas persoas e familias, mais que o
noso alumnado, felizmente, reivindica como algo normal e
enriquecedor.
Celtia
Rey Brandón.
03/06/19
CLUB DE LECTURA . MAKINARIA de Carlos Negro
Reunímonos cun grupiño de 2º da ESO na 3ª hora de ler da 2ª avaliación para comentarmos o poemario de Carlos Negro, Makinaria.
O libro foi premiado polos clubs de lectura de Galicia no 2018 e, tras esta sesión e posta en común, coincidimos con ese recoñecemento. Nestes poemas reflexiónase, desde un ritmo rápido próximo ao rap, encol da sedución e riscos de vivir ao límite, especialmente durante a mocidade. O libro vai mostrando aos poucos como a paixón por vivir rápido e lindando co perigo, propio das carreiras de coches e o mundo das drogas, acaban por levarnos a situacións certamente dramáticas. Así pois deixámonos levar nos seus versos por un camiño vitalista de autodestrución, unha fuxida a ningunha parte, desde un ritmo imparable como o dos coches, desde un volume alto como o da música na mocidade e desde a negación e rebeldía que agocha a problemática das drogas.
O tema pois é xa clásico (no carpe diem ou nas claves da traxedia) e levar a poesía a referentes rítmicos e musicais tampouco é novo. Mais, os poemas actualízanse nos referentes máis próximos e na realidade das vilas galegas.
Por suposto, lemos en alto algúns poemas a ritmo base de rap, con diferentes entoacións e volume. Comentamos os nosos versos favoritos. Puxemos en común algunhas interpretacións e tentamos comprender a historia que vai detrás dos poemas. Tamén escoitamos algunha das cancións que se referencian no libro, por exemplo "Born to run" de Bruce Springsteen. Comentamos algunha escena de cine (Rebeldes sen causa ou Fast & Furious). Compartimos o que supón ter un coche sendo nova ou novo e valoramos un anuncio da DGT. En definitiva fomos falando do que se di na poesía e non tanto fóra dela. E, como non podía ser doutro xeito, fixémolo a todo gas, pisando a fondo e a ritmo de metralla, mais tamén comendo galletas."
Lorena Pérez
01/05/19
LA TRENZA Laetitia Colombani
O pasado luns 25 de
febreiro adicamos a sesión do noso Club de Lectura a
La trenza, de
Laetitia Colombani, unha novela que nos cautivou dende a primeira
páxina.
Con
perto de medio millón de exemplares vendidos en Francia e case
trinta traduccións en curso,
La trenza
foi un dos fenómenos editoriais de 2017, e os lectores do club confesáronse dentro de tan enorme número de admiradores da novela.
Laetitia
Colombani aborda, nesta narración vibrante e conmovedora, as
historias de tres mulleres que, malia teren nacido en tres
continentes moi diferentes, comparten unhas ideas e sentimentos que
as unen na búsqueda de liberdade.
A
través de Smita na India e o seu desgarrador relato da miseria da
casta máis pobre, a vida de éxito truncado de Sarah en Canadá, e
por último a dor da perda que sofre Giulia en Italia, asistimos ao
cruce de camiños dos seus relatos, que nos descobren a unhas
mulleres extraordinarias que conseguiron levar a cabo os seus soños
de cambiar o seus destinos.
Comezamos
lendo en alto os poemas do principio e final do libro, e logo de
discutilos saboreamos o coidadísimo estilo da autora nas
descripcións dos sentimentos, e os retratos máis crudos da
realidade na que viven os máis desfavorecidos da India.
A
continuación, os lectores fixeron unha profunda análise dos
personaxes, reflexionaron sobre o papel da educación na muller e
abordaron o tema da desigualdade social que sofren tantas mulleres
nos paises máis pobres e nos máis desenvolvidos no ámbito laboral.
Por
último, compartimos o tradicional biscoito de chocolate de clausura
da sesión, e prometemos seguir de cerca a Laetitia Colombani á
espera de que publique pronto unha próxima novela.
Coma
sempre, foi tremendamente estimulante compartir esta sesión con tan
ávidos lectores ( e papadores de biscoito de chocolate ) e poder
escoitar cómo debatían sobre tantas cuestións literarias e sociais
que se agachan nesta interesante novela.
Marián
Gundín
Etiquetas:
club lectura la trenza laetitia colombani
06/04/19
CLUB DE LECTURA : O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA
Ao comezo do mes de marzo tivo lugar a xuntanza dos alumnos de 1º da ESO ao redor da lectura de
O Diario Violeta de Carlota, da autora Gemma Lienas.
O texto, que pretende abrirnos os ollos ás inxustizas e a situación da muller na actualidade, tivo
unha gran acollida por parte dos lectores do club.
Coa axuda dunhas tarxetas, e a modo de xogo, fomos compartindo distintos aspectos do libro tales
coma os personaxes, o argumento e especialmente a mensaxe e neste sentido coincidimos
totalmente coa autora na necesidade de eliminar as inxustizas da nosa sociedade.
A lectura for sinxela e, malia tratar temas máis serios cás outras lecturas que fixemos
anteriormente, a linguaxe é próxima e o libro ten momentos divertidos. Así é todo, a mensaxe do
libro calou en todos nós e aínda que hai partes que nos impresionaron pola súa dureza,
entendemos que, desgraciadamente, reflicten fielmente a realidade de moitas mulleres no mundo.
A lectora Helena Viñas (1º ESO E), a que lle agradecemos enormemente a súa colaboración, recolle
así as súas impresións sobre esta lectura:
“A protagonista do libro é unha rapaza chamada Carlota a que lle regalan un diario de cor violeta. A
súa avoa Ana dille que podería escribir nel sobre os comportamentos machistas que atopa día a día,
mais Carlota cre que xa non hai machismos na sociedade actual. Entón, a súa avoa ensínalle a pórse
os lentes violetas e así decatarse das inxustizas, por pequenas que sexan, que hai hoxe en día.
Carlota vaise decatando pouco a pouco da cantidade de comportamentos e actitudes machistas
que ve ao seu redor ata que decide formar un grupo feminista e concienciar á xente de que segue
habendo machismo e así poder pórlle fin.
A min encantoume este libro, estiven tan enganchada que aos dous días xa o rematara de ler.
Gústame moito que trate do machismo e do feminismo, xa que a todos e todas nos queda moito
por aprender e por mellorar sobre este tema. Síntome un pouco identificada con Carlota, xa que
antes de ler este libro tamén pensaba que xa remataramos co machismo. Agora mesmo, segundo
todo o mundo, estou moi pesada, levo postos os lentes violetas todo o día e non paro de detectar
machismos no meu entorno. Así é todo, eu non entendo iso de que estou moi pesada, xa que creo
que se alguén detecta un comportamento machista, hai que dicirlle á xente que iso é inxustiza, por
06/02/19
SI LOS GATOS DESARECIERAN DEL MUNDO
O
luns 21 de xaneiro de 2019 tivemos unha reunión do Club de lectura
dos maiores. Nesta ocasión o libro escollido foi Si
los gatos desaparecieran del mundo do escritor xaponés Genki Kawamura.
Nun
primeiro cambio de impresións observamos que nos gustou a uns pero a
a outros non, chegando incluso alguén a dicir que non tiña claro o
significado do desenlace.
A
pesares disto, cando nos puxemos a analizar en profundidade o libro,
o debate foi moi interesante. O protagonista (sen nome, polo que
moitos chegamos a conclusión de que o libro é unha carta, a carta
que o protagonista di escribir ao seu pai) non nos deixa
indiferentes, uns estamos de acordo coa súa actuación e outros non
(ten unha enfermidade terminal e vai morrer, pero é tentado polo
diaño).
Debatemos
sobre a súa relación co seu pai, fundamentalmente.Do porque do
seu distanciamento con el, se tiña razón ou non, a pesares de que
el mesmo ao final do libro considera que debe poñerse a ben con el, e tamén da súa relación cos demais personaxes do libro.
A
figura do diaño e as decisións de eliminar obxectos do mundo para
alongar a vida do protagonista, obxectos seleccionados polo propio
diaño e todos eles moi relacionados coa vida do mesmo, tamén foron
obxecto de discusión. Aquí xorden temas como a relixión, o
materialismo, a negación da realidade (e duro pensar que vas morrer)... Analizamos tamén a figura do diaño, que aparece como o
mesmo protagonista pero cunha vestimenta especial.
O
gato (animal que está no título da obra) que aparece no libro
foi, loxicamente, tamén obxecto de debate. A maioría consideramos
que este era o nexo de unión entre os pais e o fillo. Cando o diaño
di que para que o protagonista siga vivindo hai que eliminar os gatos
do mundo, a novela precipítase. En efecto, aparece unha carta da nai do
protagonista, gardada pola súa ex-noiva, que lle fai reflexionar e tomar a decisión final de reconciliarse co seu pai e deixar
de eliminar cousas do mundo, ou, o que é o mesmo, asumir a súa
morte.
Á proposta dalgún dos membros do club analizamos e opinamos sobre as
frases: "Vivir e fermoso polo feito de vivir", e "Vivir
por vivir non ten sentido".
Quedamos
de acordo en que hai que aproveitar o tempo ao máximo.
O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE
O luns 26 de
novembro xuntámonos os membros do club de lectura de maiores para
falar da novela “O curioso incidente do can a medianoite”. A
sesión foi dirixida pola profesora de inglés Mercedes González Alegre.
O libro trata o autismo. Os participantes consideraron que era unha
boa oportunidade para coñecer este trastorno neurolóxico .
Ademais, dada a
actualidade da serie “The good doctor” o alumnado está máis
afeito ás persoas que teñen este trastorno.
Analizamos os
comportamentos dos personaxes máis importantes da novela: o
protagonista Christopher, o seu pai, a profesora, a nai e os veciños.
“Isto é unha novela policíaca” di o protagonista ao principio da historia. Así,
a investigación de Christopher sobre a morte dun can será o fío
condutor que nos permite coñecer a súa visión do mundo. Comentamos
os trazos da súa personalidade como a falta de empatía, a súa
mente analítica e como a novela mantén a atención do lector pola
súa forma de presentar os acontecementos. Foi unha tertulia moi
amena e interesante porque permite que o alumnado se decate e acepte
os comportamentos diferentes de compañeiros que padecen autismo que,
tal vez, por si sós non poderían chegar a comprender.
08/12/18
CLUB DE LECTURA: PALABRAS DE AUGA
O pasado luns 12 de novembro tamén nos reunimos un dos grupos de 1º de ESO para comentar o libro Palabras de auga de Marcos Calveiro.
Os alumnos falaron das diferenzas entre a vida de o neno africano protagonista e a súa vida, das dificultades coas que se atopa ao largo do seu periplo para atopar auga e comida e como vai pasando de neno a adulto.
A narración resultoulles difícil sobre todo pola riqueza léxica. A charla resultou moi proveitosa arredor dunha pequena merenda.
CLUB DE LECTURA: CORREDORA
O pasado luns 12 de novembro, reunímonos por primeira vez neste curso un dos grupos do club de lectura de 2º de ESO para comentar o libro
Corredora da escritora viguesa María Reimóndez.
Aínda que é
unha narración curta, é unha obra moi interesante que nos amosa o
que hai detrás dalgúns dos grandes atletas que gañan nos xogos
olímpicos ou noutras competicións. Concretamente, María Reimóndez
di que se inspirou na atleta etíope Tiki Gelana, gañadora do ouro
olímpico en Londres 2012.
A novela móstranos a vida dunha nena das
montañas de North Wollo que desde pequena amosa unha certa
capacidade de soñar con algo diferente e sobre todo, de disfrutar
correndo . Tamén coñecemos algún aspectos da dureza da vida en
Etiopía, cómo os máis vellos falan da “fame negra”, da morte
por fame, que todo o mundo teme máis que á morte violenta nas
guerras; do papel da muller na sociedade etíope e do valor que
poden ter para moitas persoas unhas simples zapatillas ou,
simplemente, o feito de durmir nunha cama en vez de facelo sobre o
chan. Pero sobre todo, a novela fala dos soños e do esforzo por
conseguilos.
As lectoras e lectores comentaron todo isto do libro.
Ademáis proxectamos imaxes das montañas de North Wollo, onde
crecera a protagonista, para coñecer esta marabillosa paisaxe
etíope, así como algunha de Addis Abeba, onde transcurre gran parte
da acción . Todo isto aderezado cun biscoito que compartimos mentres
disfrutábamos da conversa. En fin, unha narración moi curta pero
intensa.
01/12/18
XUNTANZA DOS CLUBS DE MANGA
O pasado luns, 12
de novembro, , o Club de manga do IES Alexandre Bóveda inauguramos a
tempada organizando a primeira xuntanza de Clubs de manga deste curso
2018-19.Os membros do club traballaron arreo organizando unha chea de
actividades, concursos, charlas…
Pouco a pouco
foron achegándose ao club de Manga do Coia 4 , Escolas Proval de
Gondomar, IES A Paralaia de Moaña e este ano estrenábaNse o club de
Manga do IES Valadares e do IES Carlos Casares. Benvid@s!!


Logo comezou o concurso de Cosplay, tamén no salón de actos, en tanto que na biblioteca se celebraba o Quiz de terror. Tiveron que tomar decisións no concurso de Cosplay e no de talentos. En ambos o público estivo entregado ante a calidade dos concursantes.
Mentres na
biblioteca tiña lugar un torneo de Pictionary con personaxes manga e
temática de Halloween, o escenario do salón de actos enchíase cos
participantes do Random K-Pop Challenge.
No concurso de
debuxo houbo varios participantes . Todos os que acudiron á
xuntanza, recibiron á entrada un gomet que debía colocar sobre o
debuxo que máis lle gustase. E a verdade é que non resultaba nada
doado escoller.
Nos demais
concursos houbo un imparcial xurado composto por Alba do Álvaro
Cunqueiro, María do IES Valadares e Curro do IES A Paralaia. E seica
non o tiveron nada fácil para decidir quen gañaba cada concurso.
Ao mediodía,
houbo pausa para comer, para interactuar e para coñecerse mellor. E
a tarde comezou coa entrega de premios, que estaba prevista para
última hora, pero adiantouse porque algúns tiñan que marchar antes
de que rematase a xornada.
E tamén pola
tarde houbo variedade de actividades para escoller: uns participaron
na charla sobre maquillaxe de efectos especiais, mentres que outros
sairon ao patio para xogar a Lobos. Finalmente non deu moito tempo e
a partida quedou sen xogar. Foi unha mágoa, pero polo menos
aprendemos a dinámica do xogo, e queda pendente a partida para a
vindeira ocasión.
Rematamos a
xuntanza coa obra de teatro representada por todos os membros do noso
club e escrita por Saray, un éxito e unhas risas que intentaremos
representar en outras celebracions do instituto. Un fantástico
xeito de celebrar Halloween.
Despedímonos ata a próxima xuntanza ,contentos de que todo saira
ben, a organización foi estupenda,os rapaces traballaron moito e
remataron moi cansos pero felices. Parabéns aos rapaces e rapazas!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























